O Centro de Rehabilitación Psicosocial e Prelaboral de Burela da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” presentou este martes 25 de xuño a acción formativa “Iniciación á Talla de Madeira”, subvencionada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, a través do Plan Galego de Inclusión Social.
A presentación foi realizada pola Directora Técnica Xeral da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, Dona. Mª José Nóvoa , quen destacou como obxetivo xeral a mellora da empregabilidade das persoas con enfermidade mental crónica, en grave risco de exclusión social.
Ó mesmo tempo, tamén explicitou os obxetivos específicos a conquerir con esta acción formativa como son: adquisición de habilidades sociais, mellora de hábitos prelaborais como a puntualidade, compromiso, orden e limpeza…. Sen esquecernos da parte máis importante: a adquisición de formación básica e de tipo laboral específica, adaptada ás súas necesidades, a adquisición de conceptos sobre a talla de madeira, o traballo en equipo e a mellora das relacións sociais.
Esta acción formativa conleva ademáis, facer as prácticas no local da Asociación Amigos da Madeira de Ribadeo, Asociación destacable no traballo en talla de madeira. Un oficio moi antigo e extendido culturalmente, pero en perigo de extinción.
Como toda artesanía, ten un componente artístico, no cal o tallista-artesano, volca o seu talento creativo para sacar de unhas simples tablas , unha obra de arte, o que redundará moi positivamente no aumento da autoestima dos 14 beneficiarios deste proxecto.
Inauguración da Exposición de Mosaicos
María José Nóvoa, recordou que o xoves, ás 19:00h. no Local de Porto Plaza, se inaugurará a Exposición de Mosaicos nun acto aberto ó público en xeral.