Lugo, 25 de xuño de 2013.- Logo da sesión plenaria provincial celebrada esta mañá, os populares afirmaron que queda totalmente demostrada a pasividade do señor Besteiro no que aos afectados polas preferentes se refire. Proba disto vese claramente cando o presidente da Deputación e os seus socios de goberno, votaron en contra da enmenda proposta polos populares da creacción dun sistema de asesoramento para os afectados por estes productos híbridos.
O PP lembrou os 11 mil millóns vendidos en 23 emisións do ano 2009 e lamentou a decisión que se adoptou polo goberno de Zapatero que no 2010, prohibíu o sistema de compra cando un minorista quería vendelo o 16 de xuño de 2010.
Os populares lamentaron a falta de implicación do goberno provincial, que en contraposición, fan outras administracións, que están traballando para intentar solventar esta problemática, e leva a cabo unha utilización política pero non pon nada da súa parte.
BREOGÁN
No tocante ao Breogán, os populares criticaron que Besteiro abandonase o pleno cando se estaba a debatir o futuro do Club Breogán, o que demostra a súa posición no tocante a este tema e logo vota en contra desta moción popular.
O equipo de goberno bipartito rexeitou, a proposta impulsada polo Grupo Popular e que constaba de dous puntos: O primeiro, no que se esixía á Deputación “que presentara un plan de viabilidade que garanta e dea seguridade ao futuro do Club Baloncesto Breogán SAD”; e un segundo punto no que se instaba ao ente provincial a paralizar “o proceso de alleamento das accións do Club Baloncesto Breogán SAD, propiedade da Deputación, mentres non se conte cun plan de viabilidade que garanta e dea seguridade ao futuro do Club”
Os populares tamén criticaron que Gómez Besteiro evitase contestar as preguntas do diñeiro público que se había invertido no Breogán sobre todo na Fundación Balogal que omitiron en varias ocacións defender a xestión nesta entidade.