Os socialistas piden “que por unha vez as cousas se fagan ben e os pais e a comunidade escolar sexan informados e poidan opinar” en lugar de “tomar todas as decisións por decretazo, sen consenso e fóra do calendario escolar”
O PSdeG de Lugo esíxelle á Xunta que informe sobre os plans de número de profesores, os servizos de comedor e transporte ou o funcionamento dos centros educativos para o vindeiro curso, “a só 15 días de que remate o actual sen que os pais e a comunidade escolar saiban aínda que vai pasar”. A estas alturas “aínda non se sabe cantas unidades e profesores haberá nin como funcionarán os servizos, algo que afecta en toda a provincia e moi especialmente nas zonas do rural”, afirma so secretario provincial de Educación, Carlos Ferreiro, que pide “que por unha vez as cousas se fagan ben, os pais e a comunidade escolar sexan informados e poidan opinar”. Os socialista pide que “o goberno do PP non volva tomar todas as decisións por decretazo, sen consenso e fóra do calendario escolar”.
“Xa nos teñen acostumados a facer as cousas por detrás, en época de vacacións e cando a comunidade escolar non ten capacidade de mobilización, e nestes momentos de incertidume, con recortes, decretos como o dos comedores e dúbidas co transporte, os pais e nais e os profesores teñen dereito a recibir información veraz e completa”, afirma Ferreiro, que lembra que as ANPAS levan meses solicitando reunións co xefe territorial de Educación sen obter resposta.
Mapa de centros
Por outra banda, o socialista insiste, na liña do que vén reclamando o partido nos últimos meses, en que se o plan real da Xunta é modificar o mapa de centros da provincia “o PSdeG está disposto a falar cun plan sensato e consensuado” pero “o que é intolerable é que se estean pechando centros desde un despacho e sen consultar con ninguén, como sucede co IES As Mercedes, e que traten de modificar o mapa de centros a golpe de decretazo”. O propio PP recoñeceu hai uns días no Parlamento que non descarta unha modificación deste mapa a curto prazo, polo que os socialistas insisten en que “de ser así, deben contar coa comunidade educativa e a oposición, antes de que cheguen novos golpes ao rural e á educación pública de calidade na provincia”.









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



