A nova xunta directiva do CD Burela FS Pescados Rubén, presidida dende hoxe por Manuel Blanco Fanego, convoca Asemblea Extraordinaria de Socios para o martes 11 de xuño. A devandita reunión terá lugar no salón de conferencias (antiga Biblioteca) de Burela ás 20.00 e 20.30 horas como primeira e segunda convocatorias, respectivamente.
Orde do día:
Lectura e aprobación da acta anterior
Cota de socios/as 2013-14
Presuposto e planificación 2013-14
Tal e como estaba previsto e seguindo o calendario electoral hoxe ás 13.30 horas procedeuse á proclamación como nova xunta directiva da estrutura laranxa á única candidatura presentada para tal fin, encabezada por Manuel Blanco. José Luis Sáez Castro asumiu a vicepresidencia; Antonio Couto Díez mantense como secretario e Rubén Blanco Fernández, fundador de Pescados Rubén, únese ao proxecto como tesoureiro. José Ramón González Casas incorpórase á lista de vogais, xunto á continuidade dos empresarios Auditor Rodríguez Lombardía e Javier Cora Díaz e o funcionario Marcelino Luna Almarza; o regreso de Luis Antonio Guillén Menéndez, empregado de Alcoa, e Alberto Fernández Rouco, traballador da construción, que xa formaron parte da historia directiva da entidade; ademais das novidades dos empresarios pesqueiros Ángel Véquez Fernández e Lino Quelle Casariego, a nutricionista Alba Vila Reija, José Ángel Dovale Gradaílle, traballador de Liteyca, e Carlos Neira Pena, fundador de Frenos Carpe.











A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
