Cervo, 29 de xullo de 2013-O Concello de Cervo e “O Bordelo” A.C. Airiños do Xunco presentaron este mediodía o programa e o cartel das XIII Veladas no Souto e VI Express-arte que arrincarán o día 1 de agosto e se prolongarán ata o día 4. Un acto no que estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, así como Mari Paz Rodríguez e José Manuel González “Copa”, membros do Bordelo, a agrupación teatral organizadora desta cita cultural coa que colabora o Concello cervense, que ofrece apoio económico e de infraestruturas.
Así, durante as catro xornadas pasarán polo escenario, situado na praza do Souto, grupos de teatro, cantautores, músicos e poetas que deleitarán ao público coas súas creacións. Nesta ocasión, como é habitual, cada xornada arrincará ás 21:30 horas cunha actuación do VI Express-arte, no que cinco artistas porán a nota musical e poética ás xornadas. Rematado este espectáculo comezarán as XIII Veladas no Souto, que inclúen as representacións de cinco agrupacións teatrais locais, da Mariña, da provincia e doutros puntos de Galicia.
Unha intensa sesión vespertina de cultura que arrincará o xoves día 1 co cantautor de Foz Tono Alonso e o grupo de teatro “Raiolas” de Alfoz que interpretará a obra “O Chufón”. O venres día 2 será o momento de presenciar o recital poético de Jaime Oroza, de Viveiro e neste caso dous grupos teatrais ofrecerán dúas pezas breves. Trátase de “Crea” de Viveiro que representará “El retablo de las maravillas” e “Teatro artesán” de Sada con “A farsa do señor Correxidor”.
O sábado día 3 o cantautor do Valadouro Carlos Mariña ofrecerá temas de amor e humor mentres o toque teatral correrá a cargo de “A Rabela” de Baralla coa obra “A miña sogra é increíble”. Pecharán este programa o domingo día 4 Ramón Ramos Trigo, do Valadouro, ex vocalista das orquestras Iris e Pena xunto ao cervense Toñito de Rúa ao acordeón, que ofrecerán un espectáculo musical a dúo mentres “O Bordelo” de Cervo será o encargado de clausurar as xornadas coa obra “Abordelar” estreada a Noite de Reis deste ano.
A edil de Cultura destacou “la tradición y el éxito” destas xornadas que se veñen celebrando por décimo terceiro ano consecutivo no caso das Veladas de Teatro. Unha boa aceptación que para Alonso ten moito que ver “con el cartel, que siempre incluye numerosas y variadas actuaciones de calidad, pero también con el contexto de ofrecer cultura al aire libre en las noches de verano”, sen esquecer “el papel promocional de grupos y artistas locales y de toda Galicia”.





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



