O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o secretario, Rubén Blanco, arrouparon a prometedora Lara Balseiro Candia na oficialización da súa continuidade na escuadra laranxa. “Todas remaremos no mesmo sentido para seguir medrando” declaraba a viveirense, de tan só 20 anos, desbordante aínda de orgullo e satisfacción tras a culminación do dobrete.
A ala mariñá, que cumprirá a súa segunda tempada en Burela nesta etapa e a quinta de toda a súa traxectoria, admitiu a súa especial relación coa entidade laranxa: “O acordo foi moi doado porque Burela era a miña preferencia; sempre me trataron ben e sempre cumpriron o prometido”. Con respecto a 2013-14, Lara tamén se mostrou moi animada e con ganas de máis: “Igualar as metas conseguidas será moi difícil e máis cando hai cambios, pero en Burela sempre se traballou moito e ben e seguirá sendo así co novo adestrador. Teremos que esforzarnos todas e adaptarnos o máis axiña posible ás premisas de Quico Otero para ser competitivas dende o primeiro compromiso” transmitía así a súa ilusión a viveirense, poñendo entre os obxectivos persoais “seguir traballando, coas mesmas ganas, axudar ás compañeiras e seguir gañando minutos”.
Manuel e Rubén Blanco destacaron “o valor de seguir contando cunha das referencias do presente e futuro do deporte mariñán, encarnado en Lara, un exemplo para o inmenso potencial futbolístico que se respira e polo que se traballa na comarca”.
A novísima ala convértese na quinta renovación do equipo, tras Lidia Mesías, Peque, Maite e Jozi, coa incorporación de Quico Otero, no banco, e o regreso da ala-peche Claudia.









O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
