A Oficina Municipal de Información Xuvenil do concello do Valadouro presentou as actividades que ten preparadas para todos os mozos do val entre 4 e 12 anos. Este ano, o programa chámase Ludiverán porque abrangue os meses de xullo e agosto e os nenos estarán ocupados en diversas actividades os mércores e os luns de 10:30 a 13:30 horas.
Actividades da índole como aprender a debuxar, papiroflexia, cociña creativa, baile moderno, xogos recreativos,… e moito máis. Nesta edición, levamos á data da presentación das actividades máis de 25 inscritos para acudir a estas actividades e que se van a realizar no local social do parque Concepción Arenal de Ferreira.
Ó acto de presentación do evento que se realizou este luns 15 de xullo ás doce do mediodía, acudiron Marco Uría, como delegado de cultura do concello do Valadouro, Jesús Rodríguez Rubio como responsable da Oficina Municipal de Información Xuvenil, Miriam Vivero e Dimas Fernández como monitores da actividade.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



