A Coordinadora Nacional de Espazo Ecosocialista Galego en reunión extraordinaria celebrada en Santiago de Compostela o 15 de xullo de 2.013, valorou a situación política de emerxencia e aprobou a seguinte RESOLUCIÓN:
Xa hai tempo que son moitas as sinais que indican que o modelo político institucional saído da transición está esgotado: A falla de solucións aos grandes problemas que ten a cidadanía; os casos de institucións inservibles, como a casa real, as deputacións, ou baleiras de contido, coma o senado; o crecemento transversal dos casos de corrupción política e económica; o proceso de recorte drástico no estado de benestar; os intentos de recentralización …, levan a unha profunda indignación e desafección cada vez máis grande da cidadanía respecto da política.
Pero é neste momento de colapso da crise económica e política onde a situación de zozobra e miseria do actual modelo estase a facer máis evidente. Namentres a situación da maioría social cada día é mais difícil con cifras de desemprego, pobreza e exclusión insoportables, con recortes en ensino, pensións e dependencia, coa privatización da sanidade, con perda da vivenda por miles de cidadáns, e cun intento as portas de desmantelamento dos servizos sociais,… as elites do réxime non paran de sorprendernos con novos e cada día máis vergoñentos casos de corrupción e cobiza.
En Galicia, e ao calor dos novos datos de financiación irregular das campañas electorais do PP, faise necesaria a dimisión do goberno Feijoo. Por si todo o que sabiamos de Pablo Crespo non chegara, o PP de Galicia ten gobernado nos últimos anos grazas a cometer fraudes electorais evidentes. Namentres se escandalizaba cos ‘audis’ de Touriño ou co ‘iate’ de Quintana, Feijoo facía campaña electoral con financiación irregular.
A esquerda ten problemas para vertebrar un relato propio do que esta a ocorrer, unha axenda propia e unha alternativa crible. O caso Barcenas é un exemplo claro disto. Os novos datos do caso Barcenas e a Gurtel non se resolven cun cambio na presidencia do goberno para que se sigan aplicando as políticas que xeneran sufrimento nas persoas. Tampouco se resolven cun goberno de salvación ‘nacional’ onde un PSOE xa bastante desacreditado volva unha vez máis a facer de salvador do réxime e do goberno, nun novo pacto político das élites do vello réxime.
A única saída posible é a dimisión do goberno e a convocatoria urxente de eleccións anticipadas en clave de ‘eleccións constituíntes’ para abrir un novo proceso que dera un impulso democrático e social. Un proceso constituínte, sen tutelas, onde a cidadanía exerza a súa soberanía e sustentado sobre os piares da radicalidade democrática, republicanismo, transparencia, sustentabilidade, xustiza social, cultura de paz e plurinacionalidade .
Fronte desta situación requírense alianzas políticas e sociais amplas que permitan frear esta contraofensiva e cambiar o rumbo das cousas para avanzar na recuperación de dereitos e liberdades. Faise urxente crear as alianzas necesarias para vertebrar unha alternativa política e electoral ás actuais elites dominantes que actúan como intermediarias de poderes económicos oligopólicos que queren eliminar os dereitos d@s traballador@s e a competencia dos sectores económicos emprendedores, as chamadas clases medias. Nese senso Alternativa Galega de Esquerda debe vertebrarse, ampliarse e consolidarse políticamente e a súa vez AGE debe participar en alianzas máis amplas e plurais a nivel europeo e de estado.
Espazo Ecosocialista Galego reitera que seria necesario que AGE promova unha candidatura galega que como tal se visibilizara nas próximas eleccións europeas, no marco dunha alianza máis ampla de todas as esquerdas de ambito nacional, estatal e europeo. Ademais, as municipais do 2015, que pechan o actual ciclo político iniciado nas municipais do 2011, e que son polo tanto extraordinarias, onde o que se xoga non é so unhas cantas alcaldías, senón a apertura dun novo ciclo político sen o dominio das actuais elites.
Neste contexto o 25 de Xullo adquire unha nova dimensión pois o Dereito a Decidir convertese nunha ferramenta clave na defensa do Ben Común. A cidadanía temos dereito a decidilo todo: as relacións co Estado, a política fiscal, a política monetaria, o modelo enerxético, o dereito á saúde, a calidade do ensino, o dereito á vivenda, os dereitos sociais, a soberanía alimentar,… Espazo Ecosocialista Galego lamenta que diante dunha situación tan complexa non se dea unha unidade de acción necesaria entre a esquerda nacional. Por iso, Espazo Ecosocialista non vai a convocar un propio e chama a participar aos actos cidadás ou de outros partidos de AGE.


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



