A actuación abrangue a adecuación de baños e vestiarios, ademais de intervir no sistema de calefacción e na rede de saneamento e abastecemento de auga
Viveiro, 27 de agosto de 2026. A Xunta de Galicia acaba de licitar por valor de 690.000€ as obras de renovación do Albergue Xuvenil Area, na localidade lucense de Viveiro, para a mellora dos baños e vestiarios e a renovación do sistema de calefacción e rede de saneamento. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita na que estivo acompañado pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e na que destacou que a reforma posibilitará que o Goberno galego “vele por manter nas condicións máis axeitadas as nosas instalacións para ofrecer os mellores servizos á mocidade”.
Neste senso, o representante Executivo autonómico fixo fincapé en que contar con “equipamentos de calidade é un dos piares que nos permite ser un referente na programación de verán dentro e fóra de Galicia”. Referiuse así á campaña Modo Verán Activo que, dixo, “un ano máis volve ser un éxito, sendo este un dos complexos principais dos nosos campamentos en toda a Comunidade e na provincia de Lugo en concreto, onde contamos con oferta nesta modalidade noutros seis enclaves”.
Precisamente, a visita coincidiu coa presenza dos participantes na última quenda da proposta NaturArea: ambiente mariño e náutica, “unha das máis demandadas tradicionalmente dentro desta oferta”. Nesta liña, lembrou que este ano puxéronse a disposición dos solicitantes 500 prazas divididas en cinco estadías de 100 persoas cada unha, que rematarán o vindeiro catro de setembro tras gozar de actividades na auga como vela, windsurf ou caiac e doutras accións como volei praia, xogos, excursións ou aulas da natureza mariña.
Así, López Campos puntualizou que se trata “dun bo exemplo do potencial que teñen este tipo de infraestruturas para levar a cabo accións de lecer educativo, deportivo e de coñecemento do medio mariño con gran recoñecemento entre a xuventude, e que agardamos seguir consolidando con esta renovación”. Unha mellora que se suma, explicou, “a anteriores investimentos que acadaron máis de 650.000€ nos últimos anos”.
En concreto, a actuación permitirá adecuar os baños e vestiarios coa renovación de pavimentos, revestimentos e falsos teitos, así como a substitución das instalacións de calefacción no que ten que ver con radiadores e tubaxes. Doutra banda, acometerase a renovación parcial da rede de saneamento e da conexión ao pozo de bombeo. O abastecemento de auga, coa intervención sobre a acometida ao edificio, é outra das intervencións que contempla o proxecto.
2.672 prazas en Lugo na campaña ‘Modo Verán Activo’
A campaña Modo Verán Activo na provincia de Lugo suma un total de 2.672 prazas, das cales 1.963 corresponden aos campamentos organizados, ademais de no Albergue Xuvenil Area, no Benigno Quiroga de Portomarín e no Lug II da capital lucense, aos que se suman o Campamento Xuvenil A Devesa en Ribadeo e Os Chacotes en Palas de Rei. Unha oferta que se completa coa programación no Centro de Inmersión Lingüística dos Peares e no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá.





















Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.



