Ribadeo, 27 de agosto de 2026. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo arrinca o curso cunha nova campaña comercial para incentivar as vendas no comercio local durante a volta o cole, que se desenvolverá do 28 de agosto ao 10 de setembro. Acisa sorteará 300 euros, repartidos en 3 premios de 100 euros cada un en vales de compra.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “iniciamos un novo curso e con el chega a campaña da volta o cole. Desde Acisa Ribadeo pretendemos incentivar que as compras do inicio do curso académico se fagan no comercio local. Esta é unha época de grandes vendas: libros, material escolar, uniformes, calzado, roupa de outono-inverno…. toca retomar a vida normal e para elo temos que prepararnos cos mellores produtos. E a mellor forma de facelo é confiando nas nosas tendas, onde podemos atopar todo o que precisamos para volver ao cole e onde encontraremos un trato personalizado e as maiores garantías”.
O xerente da asociación, Jesús Pérez, indicou que “a campaña desenvolverase entre o 28 de agosto e o 10 de setembro. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados a Acisa recibirán papeletas para participar no sorteo de tres premios que poñemos en xogo valorados en 100 euros en vales de compra cada un de eles”.
E engadiu: “en total poñemos en circulación 10.000 as rifas nesta campaña da volta o cole de Acisa Ribadeo. O sorteo non presencial terá lugar o 11 de setembro nas nosas oficinas mediante un programa de xeración de números aleatorios, e posteriormente daranse a coñecer os gañadores nas redes sociais e nos medios de comunicación. As bases do sorteo poden consultarse na web e nas redes de Acisa”.
Cruzado Iglesias indicou que “esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia e Comercio Galego no marco das axudas aos CCA, colaboración que agradecemos unha vez máis”.
Presidenta e xerente de Acisa animan “a mercar no comercio local, ese que temos a carón das nosas casas, no que traballan as persoas que coñecemos e onde recibiremos consellos e atención personalizada para elixir o que máis nos interesa para comezar un novo curso escolar con todos os produtos que necesitamos e así afrontar tamén a chegada da nova estación, a chegada do outono”.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



