Ribadeo, 27 de agosto de 2026. Ribadeo mellora as pistas forestais afectadas polo incendios de 2023 en Cedofeita e en Piñeiro. A actuación realízase grazas a unha achega da Consellería de Medio Rural.
O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos xestionando orzamento e neste caso estamos investindo para mellorar as pistas forestais. Dende logo tivemos que facer unha xestión importante, dado que no ano 2023 houbo un incendio con consecuencias moi negativas, 2.750 hectáreas que arderon, houbo varios pasos que facer para chegar a este punto de rehabilitar e de investir para mellorar as pistas de forestais. Retirar en primeiro lugar toda madeira que ardeu, o incendio tivo consecuencias desde un punto de vista medioambiental, desde un punto de vista tamén de queima de toda a madeira e iso tivo consecuencias para os propietarios, retiraron toda a madeira, pero tamén houbo un importante destrozo das pistas forestais. Éramos conscientes de que ía pasar e había que xestionar o orzamento para rehabilitar, é dicir mellorar todas as pistas forestais”.
O rexedor subliñou que “os incendios causaron un gran impacto no concello de Ribadeo sobre todo na parte da parroquia de Cedofeita, nos núcleos de Cedofeita e Piñeiro, tamén noutros puntos que iremos rehabilitando e mellorando as pistas forestais, pero empezamos por esta zona, coa axuda da Xunta de Galicia, e facer xa un plan de actuación e un plan de futuro, é dicir pistas de seis metros, polas que poidan entrar os camións e cargar directamente dende a pista na parcela, así non hai un destrozo, non hai un deterioro da pista. Tamén unha limpeza profunda das pistas forestais que non son prioritarias, pero son fundamentais e hai que facer unha limpeza. Nestes momentos estamos actuando en Cedofeita e en Piñeiro e así vamos ir paulatinamente por moitas parroquias, limpando pistas de concentración, pistas agrarias e tamén as pistas forestais”.
Vega indicou que “esta xestión ante Medio Rural, que agradecemos esta colaboración, que é moi importante, non é a primeira vez que se produce, xa no ano 2024 fixemos unha planificación de limpeza polas pistas de concentración, polas pistas agrarias da costa e quedan certos traballos que debemos concretar, isto que é unha planificación de mellora das pistas forestais e pistas agrarias”.


















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistirá este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



