SANTIAGO. O presidente da Fegamp e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, valorou hoxe que, á vista do que se vai coñecendo do informe elaborado polo Consello de Estado sobre o anteproxecto de reforma local que pretende o Goberno, “dáselle a razón á Fegamp nas alegacións que expomos no seu día” e das que se deu traslado ao Ministerio de Facenda e á FEMP.
Para Rey Varela, o informe do órgano constitucional “apoia a postura da Federación”, que mantivo unha visión crítica a un anteproxecto “necesario para actualizar a administración local pero equivocado no seu contido”.
“O Consello de Estado dános a razón, o que nos reafirma nas reivindicacións que viñemos facendo como voz única do municipalismo galego”, apuntou. O informe do órgano consultivo alerta contra o baleirado competencial dos concellos e da inconsistencia do custo estándar como baremo para valorar os servizos, “dúas alegacións que a Fegamp manifestou desde o primeiro minuto”.
Nesta liña, Rey Varela amosou a súa satisfacción por que se recoñeza “que o custo estándar, tal e como está reflectido no anteproxecto, non ten en conta as singularidades do municipalismo español, non atende a unha realidade como Galicia no que a dispersión ou o envellecemento son unha variable fundamental para o custo dos servizos públicos”.
Tamén no plano competencial, o informe advirte contra o sobredimensionamento das deputacións provinciais, que poderían asumir masivamente servizos transferidos desde os concellos de menos de 20.000 habitantes, sen atender á súa situación económica. “Sempre mantivemos que ese non debía ser o papel das deputacións”, explicou Rey Varela, “senón que o importante era definir a súa función de apoio e asistencia aos concellos máis pequenos, promovendo actuacións no ámbito supramunicipal”.
Outro dos apartados que reforza a postura da Federación “son as dúbidas que ao Consello de Estado lle xeran os aforros que o Goberno pretende conseguir con esta reforma”. “Sempre dixemos que os concellos non eran o problema do déficit en España, e por tanto, non somos a administración á que pedir contas por este grave problema”, comentou Rey Varela, “ao contrario, somos a única que está a reducir o seu déficit e xerando superávit neste arranque de 2013, como recoñeceu o propio Ministerio de Facenda”.
Novo escenario
Segundo José Manuel Rey Varela, “este informe debe facer reflexionar ao Ministerio de Facenda”. “Ábrese un novo escenario para reabrir a negociación coas federacións de municipios e as autonomías”, apostou, “porque esta reforma debe ser froito dun gran consenso para que non se converta nunha oportunidade perdida”. “Espero que o Goberno atenda a mensaxe clara que lle transmite o Consello de Estado e recapacite”, apostilou.
“A Fegamp segue crendo firmemente que é necesaria unha reforma, un financiamento local novo e máis xusto, unha delimitación competencial seria e rigorosa”, detallou o tamén alcalde de Ferrol, “pero que non se faga ás costas dos concellos, porque ao final, o gran prexudicado é o cidadán”.
A Fegamp “vai manter a súa mensaxe, o seu discurso reivindicativo, porque a nosa folla de ruta son as alegacións que aprobou a Comisión Executiva no mes de marzo e que representan o sentir dos 314 alcaldes e alcaldesas de Galicia”. “A elas seguirémonos cinguindo, defendendo entre outras reivindicacións o mantemento dos servizos sociais na administración local e opóndonos ao baleirado competencial dos concellos”, finalizou Rey Varela.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



