Lugo, 7 de agosto de 2013. A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobará, na súa reunión do vindeiro venres, as subvencións da área de Cultura correspondentes á anualidade 2013 destinadas á realización de eventos e actividades culturais anuais organizadas por entidades asociativas e concellos e a sufragar gastos correntes e a mellora de instalacións e equipamentos culturais das entidades locais.
O número de solicitudes recibidas por parte de asociacións culturais é similar á convocatoria do ano anterior, superando as 500 peticións. Nesta ocasión, presentáronse 547 solicitudes entre as que se repartirá un orzamento de 400.000 euros; mentres para a promoción e realización de actividades culturais anuais cada entidade percibirá até un máximo de 8.000 euros, para a celebración de eventos culturais destinarase a cada asociación un máximo de 6.000 euros.
En relación ás solicitudes de axuda para investimentos e equipamentos culturais e gastos correntes derivados da realización de eventos e de actividades culturais anuais organizadas polos concellos lucenses supérase, un ano máis, o centenar de peticións. A área de Cultura recibiu 57 solicitudes para investimentos e adquisición de equipamentos culturais ás que se destinarán un total de 80.000 euros, e 59 peticións de subvención para os gastos correntes derivados da realización de actividades anuais e eventos culturais aos que se dedicarán 60.000 euros.
A Deputación de Lugo, e en concreto a área de Cultura, amosa con esta liña de axudas, que se outorgan en base a criterios obxectivos e nunha mesa de valoración formada por un membro de cada unha das tres forzas políticas con representación na institución e por funcionarios, o seu apoio ao tecido cultural lucense e a súa confianza no asociacionismo cultural da provincia.























Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



