José Ramón Gómez Besteiro, candidato á secretaría xeral do PSdeG, percorre nesta xornada diversos puntos da provincia da Coruña e de Ferrolterra para manter reunións cos compañeiros e compañeiras socialistas, entre elas unha con militantes traballadores do naval en Ferrol. O socialista reivindicou “a potencia industrial que foi no seu día esta zona e o potencial que seguen a ter Ferrolterra e Galicia”, que agora vén abaixo pola “total inexistencia dunha política enerxética e industrial” por parte da dereita. “Gustaríame criticar e falar sobre a poítica industrial e enerxética de Rajoy e Feijóo, pero non podo, porque non existe”, asegura Besteiro, que pide “superar o curtopracismo da dereita , a pura anécdota e a manipulación cando veñen tempos electorais, sen continuidade na estratexia”.
Gómez Besteiro lembrou datos como o 32% de paro na comarca de Ferrolterra, os 2.400 despidos polo peche de industrias vinculadas ao naval, o desmantelamento das industrias de componentes eólicos na comarca, con máis de 1.000 empregos perdidos en tres anos, ou as ameazas sobre o futuro doutras industrias tractoras como Endesa en As Pontes ou Megasa en Narón. Gómez Besteiro afondou no potencial de Galicia, e en particular de Ferrolterra, pola súa situación estratéxica. “Falta unha verdadeira política industrial que defenda a nosa posición estratéxica no mundo, e faltan proxectos con visión de futuro”, asegurou.
Política enerxética
Asimesmo, Besteiro destacou a urxencia dunha “política enerxética estable, que permita que as grandes empresas teñan un horizonte no que poidan establecer as súas liñas de competitividade, e non seguir dando bandazos na lexislación sobre enerxía”.
A Feijóo: “Acabáronse as vacacións, Galicia arde polos catro costados”
En referencia á vaga de incendios que está a vivir Galicia, e preguntado polo acto de inicio de curso da dereita, Besteiro reclamou responsabilidade. “Galicia está ardendo polos catro costados e o presidente da Xunta aínda se vai incorporar agora. Pido que se incorpore canto antes, de forma inminente, para que os galegos teñan a percepción de que, ante o que estamos a vivir, hai alguén ao fronte, porque é o que espera a xente”, afirmou. “Acabáronse as vacacións, xa non se pode estar de vacacións, hai que estar ao fronte e coordinando a política contraincendios”, engadiu, porque “a percepción do mes de agosto é de determinadas caminatas matutinas que non aportaban nada aos galegos”.
Asimesmo, avogou por superar “a eterna discusión de botarse a culpa mutuamente” cos lumes, e “poñerse a traballar a longo prazo e con altura de miras”. Hai que ser capaces “de construír”. Besteiro comprometeuse a “facer propostas en positivo” desde o PSdeG, pero reclamou que o goberno galego “se poña as pilas, porque é necesario que o atenda os problemas dos cidadáns, e non está pasando iso, non está dando ese exemplo” polo que pediu “seriedade, responsabilidade, coherencia e estar á altura das circunstancias”.




















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



