Lugo, 5 de agosto de 2013.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ven de poñer en marcha as obras de mellora do firme da LU-540, nun tramo de catro quilómetros correspondente á entrada no municipio de Viveiro desta estrada que une o municipio viveirense e Xermade.
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, significou que “esta actuación servirá para mellorar a plataforma da vía e incrementar a seguridade viaria da estrada”. No proxecto, segundo indicou Arias, o Executivo galego inviste preto de 75.000 euros (74.855,38 euros).
Co proxecto que se leva a cabo estes días “actuarase para manter os niveis de calidade nos distintos elementos funcionais deste tramo da estrada LU-540, que en función do uso presenta nalgunhas zonas un progresivo deterioro”, explicou a delegada. En concreto, os traballos de rehabilitación do firme levaranse a cabo nun tramo de catro quilómetros (do punto quilométrico 4 ao 8, exactamente).
Coa actuación nesta vía de comunicación, beneficiarase directamente ás máis de 16.000 persoas da área de influencia directa deste tramo de vía, así como ao resto de usuarios que empregan habitualmente esta estrada.
Mediante a actuación programada farase unha rehabilitación estrutural de defectos no firme dos carrís de circulación da entrada a Viveiro por esta estrada. Esta rehabilitación consiste, fundamentalmente, rexeneración e aportación dunha nova capa de aglomerado asfáltico a fin de uniformizar as condicións de adherencia neumático-pavimento.
Estes traballos de rehabilitación estrutural veranse complementados pola correspondente execución das actuacións de repintado da sinalización, cos que se prevé que quede rematada ao longo deste mesmo mes.
Outras actuacións
“A mellora das condicións da LU-540 neste treito é unha actuación necesaria que se leva a cabo no marco das actuacións programadas de conservación na comarca da Mariña”, resumiu Raquel Arias, antes de referirse a que “esas actuacións programadas por toda a zona norte lucense, que empezaron a desenvolverse a principios do verán, suporán un investimento de máis de 400.000 euros (408.347,09 euros) e servirán para mellorar as condicións de estradas en catro concellos da zona, cos que se beneficia directamente a 33.000 persoas”.
As obras, coas que se responde ás necesidades das vías polo deterioro do firme que presentan dada a intensidade do tráfico soportado, “permitirán manter deste xeito o patrimonio viario nunhas condicións de utilización satisfactorias”, concluíu Arias.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



