O Burela FS Pescados Rubén conseguiu pleno esta fin de semana ante dous rivais de Primeira. Os laranxas proclámaronse campións ante o Azkar Lugo (1-2) no Torneo Ayuntamiento de Tapia, o venres, e sobre o Santiago Futsal (2-2) cos penaltis no Memorial Celso Currás de Trabada, o sábado.
Fronte aos transportistas, nun encontro igualado, Iago Míguez aproveitou un rexeitamento para bater a Balsa. Con oportunidades por ambos os lados, Jandri a cinco minutos para o descanso subiu o empate para o Akzar. O dominio mariñán deixouse ver no comezo do segundo tempo. Os lugueses intentaron aproveitar a superioridade numérica xerando perigo tras expulsión de Matamoros a oito minutos para o final, por dobre amarela. Xa con cinco na pista, o Burela FS adiantou en contraataque co 1-2 de Mimi (minuto 34). A falta de 2 minutos para o final, o Azkar optou por porteiro-xogador sen conseguir froitos.
En Trabada, os laranxas tamén conseguiron adiantarse no electrónico. O Burela FS quixo levar o peso do partido e xa no minuto 5 Hugo superou a Raúl, nunha perda en primeira liña. O empate coouse no minuto 12, nun lanzamento de Palomeque que chocou na defensa mariñá. Rozando o descanso, Matamoros deulle o 2-1 ao Burela FS de penalti. O cadro de Juanlu atreveuse sobre a portería de Raúl no segundo período, aínda que sen éxito. Despois de conseguir defender en inferioridade, a cinco minutos para o final, o Santiago Futsal empatou, con Diego Quintela. A vitoria dos burelistas puido estar na recta final, nun dobre penalti de Juanma, pero houbo que agardar á rolda de penaltis, que culminou Álex, á décima.
Próximas citas
Os mariñáns volverán verse as caras con transportistas e composteláns este xoves, no Memorial Manuel Coto Ferreiro da Estrada; a cita cuadrangular, que reunirá os tres galegos de Primeira e o conxunto anfitrión (Terceira División), arrincará ás 20.30 horas. Dous días despois, o sábado 31, Vista Alegre acollerá a posta de gala da escuadra de Juanlu coa visita do Inter Movistar (20.30 horas).
Azkar Lugo FS 1-2 Burela FS
Azkar Lugo: Yago Balsa, Iago Rodríguez, Antonio Diz, Jandri e Diego, no cinco inicial; tamén xogaron Óscar Iglesias, Cuco, Aranburu, Chano, José López e Zala
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, Hugo, Carlitos e Jorge, no cinco inicial; tamén xogaron Mimi, Iago Míguez, Juanma, Matamoros, Christian, Antoñito e Álex
Goles: 0-1, minuto 6, Iago Míguez; 1-1, minuto 15, Jandri; 1-2, minuto 34, Mimi
Burela FS 2-2 Santiago Futsal
Burela FS: Álex, Iago Míguez, Isi, Hugo y Matamoros, no cinco inicial; tamén xogaron Juanma, Christian, Antoñito, Ismael, Alemán e Edu
Santiago Futsal: Raúl, Lucho, Diego Quintela, David e David Pazos, no cinco inicial; tamén xogaron Barroso, Palomeque, Eloy, Santi, Tallón e Chus
Goles: 1-0, minuto 5, Hugo; 1-1, minuto 12, Tallón; 2-1, minuto 20, Matamoros (penalti); 2-2, minuto 35, Quintela
Penaltis: Palomeque (gol), Juanma (gol), Lucho (gol), Antoñito (gol), Barroso (gol), Christian (erro), Chus (erro), Iago Míguez (gol), David (gol), Isi (gol), Eloy Rojas (gol), Hugo (gol), Diego Quintela (gol), Alemán (gol), Santi (gol), Ismael (gol), Pablo Tallón (fóra), Edu (fuera), Raúl (fóra) Álex (gol)






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
