O Gabinete de Saúde Laboral da CIG organiza na Mariña un curso básico de Prevención de Riscos Laborais. O curso, de 55 horas, estará dirixido tanto a persoas en activo como a desempregad@s. Se ben as datas concretas están sen pechar, prevese que dea comezo a mediados deste mes de setembro e remate a finais de outubro cun horario de 19.45h a 22.15h e de luns a xoves.
Cómpre anotarse antes do día 12 ben presencialmente no local de Burela ou ben telefonicamente no número 982581861. En función da xente anotada e do seu lugar de residencia, o curso impartirase en Burela ou ben en Viveiro.
As prazas son limitadas.