Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela, temos que denunciar a teima dos Partido Popular de Burela e máis do equipo de “desgoberno” en enganar, terxiversar e mentir con respecto á obra de acceso ó porto de Burela.
Dicimos isto porque o tempo e os feitos poñen a cada un no seu sitio, e non podemos admitir as declaracións e mentiras que o Partido Popular está a verter sobre este asunto. A realidade e os feitos son os que son, e estes demostran que a obra de acceso ó porto foi impulsada e iniciada polo goberno do Sr. Alfredo Llano e o goberno da Xunta do Sr. Touriño no ano 2007, concretamente en novembro de 2007 se inician as obras, ese é un feito máis que constatable. Despois disto e a raíz dunha denuncia xudicial dun veciño afectado polas expropiacións, e dun problema técnico por culpa da fraxilidade do terreo estas obras tiveron que ser paradas á espera da elaboración dun novo proxecto que subsanara estes problemas, pero os cartos para acometer a obra estaban enriba da mesa e así foi publicado no DOG en xaneiro de 2007 cun montante de 5.831.163 euros. O 22 de novembro a daquela Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes viña a Burela a ver as obras que xa estaban en marcha e poñía de manifesto a aposta do goberno presidido por Emilio Pérez Touriño por esta obra, e por Burela.
Foi coa entrada no goberno do Partido Popular do Sr. Feijóo cando se retirou a partida presupostaria para esta obra, parando definitivamente esta obra na que se foron colocando partidas ínfimas nos presupostos da Xunta do Partido Popular que nunca se chegaron a executar, sen ir máis lonxe para este ano 2013 había sobre 250.000 euros que nada se sabe deles. Calquera que queira comprobar o que aquí dicimos non ten máis que tirar de hemeroteca, presupostos da Xunta e comprobalo.
Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos que o anuncio feito polo Conselleiro Agustín Hernández sexa unha realidade, e estariamos encantados de que isto fose así, e este proxecto se faga por fin realidade. O Partido Popular do Sr. Feijóo ten a obriga moral de devolver ós veciños e veciñas de Burela o que xa era seu e que lles quitaron, pero ¿como non imos a ter dúbidas dun goberno do Partido Popular que prometeu ata en sete ocasións a ampliación do Hospital ou unha nova gardería para Burela e non cumpriron absolutamente con nada?. Esperemos que non sexa outro dos anuncios propagandísticos do Partido Popular sen ningún tipo de contido e se lle de un impulso definitivo a este proxecto que consideramos de suma importancia para o pobo de Burela.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



