María Baltar, a veciña de Viladesuso que este mes cumpriu 103 anos, recibiu a visita do alcalde de Cervo, Alfonso Villares e da edil de Servizos Sociais, Pilar Armada. Un acto emotivo no que estiveron presentes fillos e netos de María e no que o rexedor felicitou á centenaria polo seu aniversario e lle entregou un ramo de flores. María Baltar é nestes momentos a veciña máis lonxeva do municipio de Cervo. Villares interesouse polo seu estado de saúde e de ánimo e desexoulle “que cumpra moitos máis e que siga sendo a avoa de Cervo durante moito tempo”.
María Baltar cumpriu 103 anos
María Baltar cumpriu 103 anos
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo