Ribadeo, 18 de outubro de 2013. A aula CeMIT de Ribadeo retoma as actividades formativas. O vindeiro 29 de outubro dará comezo un curso sobre Correo Electrónico. En horario de 18:00 a 20:00 horas, durará dous días (martes 29 e mércores 30), e tratará sobre a creación e utilización dunha conta de correo electrónico. Vai dirixido a todas aquelas persoas que, sen necesidade duns amplos coñecementos, non dispoñan de conta de correo ou descoñezan as vantaxes que supón internet para comunicarnos.
Xa no mes de novembro impartiranse outros cursos e charlas con temáticas diversas. Por unha banda haberá un obradoiro de Emprego na red, dirixido principalmente a desempregados. Cunha duración de 10 horas celebrarase os días 4, 5, 7, 11 e 12 de novembro en horario de 16:00 a 18:00 horas.
Tamén os días 4, 5 e 7 de novembro, pero de 18:00 a 20:00 horas impartirase un
curso sobre Redes Sociais: Facebook, co obxectivo de dar a coñecer o funcionamento desta rede social con garantías de privacidade.
Máis adiante, do 18 ao 21 de novembro, haberá unha charla-obradoiro sobre Opcións de ocio na rede, co que se tratará de amosar a parte lúdica de internet,
procurando ocio e entretemento para o longo outono.
E para rematar, os días 25, 26 e 27 de novembro terá lugar unha charla sobre as
Opcións de formación na rede na que trataremos de amosar aos interesados as
posibilidades de facer cursos a través de internet, unha forma de estudiar sen saír da casa.
Para máis información e para inscribirse, os/as interesados/as chamar ao 982 120 732 ou pasar polo propio telecentro, en horario de 9:30 a 13:30 de luns a venres e tamén polas tardes, de 16:00 a 20:00 horas de luns a xoves. Cada curso conta cun total de 9 prazas.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



