Foz, 18 de outubro de 2013. A décima edición da ruta en vehículos todoterreo Montes da Mariña celebrarase do 1 ao 3 de novembro con saída e remate en Foz. Foi presentada na tarde de hoxe polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e directivos do club Os Correcamiños 4×4, que é o colectivo organizador deste evento.
O rexedor municipal destacou que esta ruta “é xa un clásico na Mariña e un dos eventos máis importantes que se realiza no mundo do motor na nosa comarca e probablemente un dos máis importantes tamén na provincia de Lugo, cunha asistencia moi grande de xente amigos do motor. O ano pasado xuntáronse cerca de 380 vehículos e unhas 600 persoas e este ano desexamos que sexan os mesmos ou máis”.
Javier Castiñeira comentou que a data “é moi boa, na ponte de Todos os Santos. Comezará o venres 1 de novembro e os días grandes serán o sábado e o domingo. É unha cita importante no outono focense, porque xunta a moitos afeccionados ao mundo do motor que, aparte de gozar dos 4×4, das motos e dos quads, tamén disfruta da nosa vila, de paraxes impresionantes do noso rural e tamén da zona das praias. Tamén discorre por outros concellos, como Lourenzá, Alfoz, o Valadouro e Cervo”.
Por todo iso o alcalde focense amosou o “máximo apoio a este grupo, aos Correcamiños, que un ano máis, con todas as dificultades que atravesan nos momentos en que estamos, novamente organizan este tipo de actividades arredor do deporte pero tamén do turismo. No nome de todos os veciños de Foz e dos comerciantes e hostaleiros quero agradecerlles ese compromiso, porque é un fin de semana interesante para todos”.
O prazo de inscrición na ruta Montes da Mariña estará aberto ata o 28 de outubro na seguinte páxina web: www.oscorrecamiños4x4.com.
O día 1 de novembro terá lugar a recepción dos vehículos participantes e a cea de presentación. Xa o sábado, 2 de novembro, a partires das 9 da mañá comezarán a saír as motos da explanada portuaria, seguidos dos quads e atvs. Os todoterreos sairán ás 10 da mañá e o percorrido discorrerá polos concellos de Foz, Lourenzá, Alfoz, Ferreira e Cervo. Ao remata da xornada haberá unha cea para repoñer forzas no pavillón do colexio Martínez Otero. E o domingo, 3 de novembro, terán lugar as probas de habilidade no circuíto da Roxa en Vilaronte desde as 10 ás 14 horas, para concluír co xantar de despedida e as entrega de trofeos e agasallos.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



