A FAPACEL celebrou este mércores unha charla informativa para as nais/pais sobre os cambios que se van producir no Ensino Público trala entrada en vigor da LOMCE. Os asistentes puideron constantar que existe preocupación sobre como se dana o ensino público e como as nais/pais están convencidos de que esta LEY ten que nacer morta. “Non podemos permitir que esta ley que converte a educación dos nos@s fill@s nunha carreira de obstáculos se poña a funcionar, que vai permitir que so determinados alumnos culminen os seus estudos e o resto sexan alumnos de segunda”. Di NON A LOMCE o vindeiro día 24, animan.
