Foz, 10 de outubro de 2013. Este venres arranca unha nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz para potenciar as compras no comercio tradicional e asociado.
Quen ten un amigo ten un tesouro foi o slogan elixido para esta campaña que se prolongará ata o 30 de novembro. O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, manifestou que “durante estas semanas aquelas persoas que teñan a tarxeta O comercio fai pobo, compra na túa vila e leven a un amigo ou amigo para que se dea de alta e conte tamén con dita tarxeta sumarán os mesmos puntos da primeira compra que este faga”.
Paleo sinalou que “o queremos é potenciar as compras no comercio tradicional da nosa vila e animar á xente a que se faga coa tarxeta O comercio fai pobo, compra na túa vila. Deste xeito poderán beneficiarse de diferentes promocións e agasallos ao longo de todo o ano”.
Os establecementos que participan nesta campaña Quen ten un amigo ten un tesouro son: Arrullos, Belianorte, Calzados Pirde, Chinela, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Ginzo Hombre-Mujer, Kaos, Librería Bahía, Longarela, María Docampo, O Tangarte, Ofifoz, Óptica Eliseo, Pi-R e Suministros Veipa.
Desde ACIA Foz animan á xente “a facerse coa tarxeta do comercio local. Todos teñen o seu premio, o que trae a un amigo suma puntos e ese amigo disfrutará de todas as ventaxas que lle suporá contar coa nosa tarxeta”.