Barreiros, 17 de outubro de 2013. Este xoves ás dez da noite inaugurarase en Mondoñedo unha exposición con obras do artista barreirense Celso Dourado titulada Represaliados, para lembrar ao Comandante Moreno. O acto contará coa actuación musical de Mini e Mero.
Hai uns días o artista barreirense explicaba que “no ano 2006 por parte da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica desenterráronse os restos do Comandante Moreno no Alto do Acebo, na Fonsagrada. Realmente eu coñecía algo da historia pero non en profundidade. Impactoume tanto que decidín dedicarlle esta serie dos represaliados precisamente ao Comandante Moreno, que era un anarquista, un comandante da columna do batallón Galicia que foi apresado, vilmente torturado e asasinado preto da Fonsagrada. A xente do lugar compúxolle un romance que se mantivo sempre na mente dos veciños pero que ninguén se atrevía a escribilo. Co tempo Mini e Mero foron quen de poñerlle música a ese romance que xa tiña letra e esta noite no bar Porriño, en Mondoñedo, vanme acompañar nesta exposición Mini e Mero para cantar o romance ao Comandante Moreno”.
“Eu son coñecido polo pintor das mans e curiosamente estívenlle dando voltas ao maxín ata que me propuxen darlle contido a esta serie xogando con pés, que están atados, aramados, torturados. E os cadros teñen unha serie de indicacións a base de textos e de cores, alusivos a aquel momento da Segunda República española e a parte figurativa é ocupada por pés. É case monográfico, exceptuado un cadro que pon remate á serie. É un xogo de pés e de cores”, engadiu Dourado.
A exposición de Celso Dourado poderase ver no bar Porriño ata finais do presente mes de outubro.





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



