Os concelleiros de Independentes polo Val acudirán este venres 15 de novembro ás once da mañá á sesión ordinaria de goberno “en exercicio dos nosos dereitos”, explica Iván Marrube.
Estas sesións ordinarias foron establecidas trala aprobación dunha proposta da Alcaldía no pleno celebrado en xuño do 2011 sobre a creación da Xunta de Goberno Local. Segundo esta proposta, as reunións desta xunta formada polo propio Alcalde e outros tres concelleiros nomeados pola Alcaldía co obxectivo de asistir ao Alcalde no exercicio das súas atribucións, ademais de desenvolver aquelas delegadas polo Alcalde ou as que lle atribúan as leis; reúnese os días 15 e último do mes, no caso de non seren festivos.
Dende IpV “esperamos que o Alcalde do PP nos permita o acceso á mesma xa que é coñecedeor da sentencia do Tribunal Constitucional que así o acredita, e non sexa preciso reclamar a presenza das forzas de orde público para permitir o exercicio dos nosos dereitos constitucionais”, conclúe Iván Marrube.