Alumnos de 3º de Primaria do CEIP Virxe do Carme, acompañados das súas mestras e das monitoras de Gaia, realizaron este venres a ruta das fontes de Burela. Segundo explican desde a Concellería de Medio Ambiente “os rapaces forron vendo as distintas fontes que hai no pobo e os lavadeiros. Sen dúbida unha ocasión para acercarse ao entorno máis cercano, coñecer os costumes dos nosos ancestros e aprender a valorar un dos bens máis preciados que temos, a auga”.
