Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos facer pública a nosa sorpresa cando o Partido Popular de Burela e o equipo de “desgoberno” ó que sustenta falan de temas económicos. Pensábamos que aínda lles quedaría algo de vergoña política, e cando menos non se tirarían a facer declaracións que poden ser susceptibles de ferir a intelixencia de calquera dos nosos veciños e veciñas. Xa vemos que ou non teñen vergoña, ou a teñen toda porque non a usan.
Xa temos moi claro que o equipo de “desgoberno” vai a tentar xustificar ante os veciños e veciñas de Burela a súa nula xestión, nestes case que tres anos de lexislatura, na famosa herdanza que segundo eles lles deixou o anterior equipo de goberno. Pois ben, temos que explicarlles ós veciños e veciñas que este equipo de “desgoberno” minte, unha vez máis, a todos os veciños e veciñas. E faino dunha maneira descarada.
O primeiro que temos que aclarar é que cando o PSdeG-PSOE de Burela, co Sr. Alfredo Llano como alcalde chegou ó goberno municipal aló por xuño do ano 2007, máis da metade das concellerías tiñan o presuposto esgotado a mes de xuño, faltando máis de medio ano para rematar o exercicio, ¿acórdase vostede Sr Barcia? Vostede en menos de dous anos dende que o puxo “a dedo” o Sr. Mon na alcaldía de Burela dilapidou os cartos do Concello como non se tiña recordado. Ademais disto apareceron facturas sen pagar nos caixóns por “doquier”, ¿acórdase vostede Sr Barcia? ¿Ou ten vostede memoria selectiva?.
Por outra banda, cando o goberno do Sr. Llano perdeu as eleccións, deixou un remanente de tesourería que superaba os 400.000 euros, a nosa pregunta é: ¿canto remanente ten a día de hoxe o Concello de Burela nas súas contas?. Por certo, anos nos que a crise financeira que estamos a padecer por culpa das políticas neoliberais que practica o Partido Popular provocou, e que obrigou a ir rectificando sobre a marcha os presupostos neses exercicios. Por certo, como fai o Sr Barcia para que Pleno si, e Pleno tamén, aparezan facturas impagadas que non se sabía delas que obrigan a facer modificacións de crédito, ¿tamén son do anterior goberno? Máis de 90.000 euros (15.000.000 millóns das antigas pesetas) nos últimos Plenos.
O único que lle deixou o Sr. Llano foi deixarlle 1.000.000 millón de euros de inversión procedente da Deputación Provincial de Lugo cando entraron no goberno, que foron as únicas inversión que fixo o Sr. Barcia e o seu equipo de “desgoberno” en Burela dende que entraron.
“A escusa da herdanza”
Non creemos que se poida enganar ós veciños e veciñas con tanto descaro e desvergoña, cando di que solicitou un crédito de 1.100.000 euros para pagar as facturas que quedaron pendentes, menten vostedes unha vez máis e faino a conciencia, o crédito que solicitaron foi para pagar as súas débedas . Por certo, endebedando os veciños e veciñas de Burela por moitos anos, có noso voto en contra. Cada un ten que apechugar có que lle toca Sr Barcia, non chega con botarlle a culpa ós demais. Xestione e traballe para o pobo. Do que vostede non di nada é dos máis de 50.000 euros (máis de 8.000.000 millóns de pesetas), que de seguir a este ritmo vai a gastar vostede e o seu equipo de “desgoberno” só en dietas nestes catro anos coa que está caendo, e si a isto lle sumamos ós máis 420.000.000 euros (máis de 80.000.000 millóns de pesetas) que vostedes van a levar para a súa casa para facer unha nula xestión no Concello durante estes catro anos que van a estar no goberno municipal, ¿Qué nos pode dicir disto? ¿Qué explicación lles vai a dar ós veciños e veciñas?.
“Despois de 18 anos o PP recoñece o seu erro na segregación”
Outro tema que nos parece terriblemente suicida é que falen vostedes da débeda da segregación de Cervo, en todo caso esa débeda ten nomes e apelidos, e serán os dos interesados na segregación dos dous Concellos, que non creemos que se movan moi lonxe de vostede, xa que precisamente vostede e o Partido Popular foron os impulsores desa segregación, ¿ou tampouco foi así Sr. Barcia? Recorde que os veciños e veciñas de Burela temos memoria. Os que buscaban as firmas para a segregación, todos os coñecemos. Por certo, moitos deles arrepentidos hoxe daquel feito motivado única e exclusivamente por motivos políticos, e con vostede e algún dos seus máis incondicionais apoiando a segregación, ¿non se acorda vostede Sr Barcia?. De tódolos xeitos iso ten fácil solución, fale vostede có seu compañeiro de filas o Sr. Villares, e que lle condoe a débeda. Problema resolto.
Fai tempo que o Partido Popular, e especialmente o Sr Barcia (parece que algún dos seus pupilos lle quere mover o sillón) andan moi nerviosos. O Sr. Barcia e o seu equipo de “desgoberno” está a observar que se van achegando as eleccións municipais e o programa có que enganaron ós burelaos sen cumprir, e o que é máis preocupante, van vendo que o único que fixeron dende a súa chegada ó goberno foi recortar servizos e subir impostos sen aportar absolutamente nada de nada ós veciños e veciñas de Burela. Como diría un castizo o único que fixeron foi “llevárselo crudo”, nin máis nin menos. ¿Entende vostede a expresión? Cobrar, cobrar, cobrar e nada máis.
Para rematar, dende o PSdeG-PSOE de Burela temos que pedirlle ó Sr Barcia que rectifique, que faga algo polos veciños e veciñas ademais de subir impostos e cobrar o soldo e as dietas. Que tente cumprir algo do seu programa electoral nalgunha das cousas que levaba, e se deixe de botarlle a culpa ós demais sabendo que non a teñen. Quédalle pouco máis de un ano para poder conseguir algo para os veciños e veciñas de Burela e pola nosa parte non queda máis que animalo a conseguilo, xa que o que sexa bo para os veciños e veciñas de Burela, é bo para nós.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



