O vindeiro fin de semana celebra Foz a XI Festa do Chícaro, o humilde e saboroso marisco bivalvo ó que os foráneos chaman “berberecho”, apelativo adoutado polos políticos locais, e dos que, co histórico maltrato medioambiental sufrido polo hábitat, masacrado pola sucesiva agresión da obra inútil durante moitos anos na ria, e alteración da súa morfoloxia. non conservan sequera o nome focego tradicional, arrebatada a identidade e empobrecida a linguaxe lugareña.
Nas nosas pescudas non atopamos outro lugar onde chamen “chícaros”, o que fainos pensar que só aquí reciben tal nome; pregúntase un a qué ven trocalo; por qué imos ser depredadores das nosas peculiaridades, da cultura popular, de algo que pertence á tradición da nosa tribo e forma parte dos rasgos que nos singulariza..
Foi por mediados de século pasado (anos 50/60) cando, por causas naturais, entraron na ría unhas grandes cantidades de chícaros; eran tamén tempos nos que as cancións dos mariñeiros ían paralelas á vitalidade dun porto, dos primeiros de A Mariña por flota e capturas; episodios ambos que terán réplica na festa do chícaro, na que se prodigarán os cantos de taberna, tan tradicionais no mundo mariñeiro focego..Avezados e xoves pescadores, poseedores de fermosas voces, tiñan nas cantigas o leiv motiv das súas xuntanzas: Mancha, Chingla, Alberto, Normando, Suso da Ramallada, Paco da Laia, Saturno, Moncho da Cacarela e moitos outros formaban os elencos das actuacións espontáneas que, nas noites de luar, tiñan extensión na serenata, baixo a fiestra da fermosa: “Despierta dulce amor de mi vida/ Despierta si te encuentras dormida:/ Escucha mi voz/ vibrar bajo tu ventana/ que en esta canción/ te vengo a entregar el alma./ Perdona si interrumpo tu sueño; /pero no pude más y esta noche te vengo a decir:¡te quiero! “, ou aquela : “Miña ruliña; meu pensamento/miña ruliña do meu tormento:/eiche cantar miña nena/ non te quero despertar/ pra que mañán os teus ollos / teñan un doce mirar…”. A nostalxia invade a lembranza dos días de mocidade…
Suso Fernández

















O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



