A bomboneira desafiará este sábado o líder de Terceira División, Leis Pontevedra (40 puntos). A tan só catro puntos do podio, o Burela FS Pescados Rubén B (sétimo, 29 puntos) recibirá o rival en Vista Alegre, ás 16.00 horas. O envite chega nun momento crucial nas expectativas dos mariñáns. “Temos dúas xornadas seguidas cos de arriba, con primeiro e segundo; estes partidos decidirán se podemos acceder aos postos de arriba ou, pola contra, deberemos pelexar polo medio da táboa” advertía o adestrador laranxa, Lucas.
“O Leis é o mellor equipo da categoría, non só porque o reflicta a clasificación. Ten un cadro veterano, xogadores con experiencia e moi bos finalizadores” definía así o técnico o rival burelista da 19ª xornada, confiando nas posibilidades laranxas: “Nós afrontamos o encontro con ilusión de desempeñar un bo papel e aproveitar a etapa de menos fortaleza pola que está atravesando o rival; acostumado a gañar, agora encadea tres empates consecutivos, con Santiago, Pazos de Borbén e O Carballiño”. “En Pontevedra soubemos dar a cara, pero a falta de pegada condicionounos en exceso e vímonos superados pola solvencia do rival; ese 6-1 escurece en certa medida a disposición e actitude que amosou o Burela FS sobre a pista” analizaba os antecedentes Lucas.
Antón Couto, con lesión de clavícula, e Carlitos, que viaxará coa expedición de Primeira LNFS para medirse ao FC Barcelona Alusport, serán as ausencias mariñás. Nas filas visitantes, non estará con case total probabilidade Raúl Jiménez, que xa perdeu o encontro da semana pasada por unha rotura fibrilar.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
