Este venres xa comeza a base laranxa a entretida fin de semana sobre as pistas, con catro competicións en xogo, Autonómica Cadete e Infantil, Deporte Escolar e Liga Prebenxamín da Mariña.
Deporte Escolar dará a saída este venres pola tarde, coa visita do Infantil B e Cadete B a Xove (18.15 e 19.15 horas). Ambos os equipos terán outra cita o sábado en Vista Alegre; comezarán os cadetes, ás 10.00, coa EDM O Valadouro, seguidos dos infantís, que se medirán ao Viveiro FS ás 12.00. Os outros dous encontros nesta liga para o sábado estarán protagonizados polo Infantil A na cancha da EDM Riotorto (11.30) e o Infantil C, na casa da ED Lourenzá-Mondoñedo (10.30).
En Autonómica, Cadetes e Infantís recibirán a estrutura do Parrulo FS o domingo, ás 17.00 e 18.30 horas. Na xornada matinal, a Liga Prebenxamín da Mariña da Fundación Imdecum reunirá en Vista Alegre a ED Burela FS e AD Praia de Covas (11.45 horas).
Liga Autonómica Cadete
CD Burela FS-Maren O Parrulo FS
Domingo 16 de febreiro, ás 17.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Autonómica Infantil
ED Burela FS-O Parrulo FS
Domingo 16 de febreiro, ás 18.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Deporte Escolar
ACD Xove Cadete-CD Burela FS Cadete B
Venres 14 de febreiro, ás 19.15 horas, no pavillón municipal de Xove
CD Burela FS Cadete B-EDM O Valadouro Cadete
Sábado 15 de febreiro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
EDM Riotorto Infantil – ED Burela FS Infantil A
Sábado 15 de febreiro, ás 11.30 horas, no pavillón de Riotorto
ACD Xove Infantil-ED Burela FS Infantil B
Venres 14 de febreiro, ás 18.15 horas, no pavillón municipal de Xove
ED Burela FS Infantil B-Viveiro FS Infantil
Sábado 15 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED Lourenzá-Mondoñedo Infantil-ED Burela FS Infantil C
Sábado 15 de febreiro, ás 10.30 horas, no pavillón municipal de Lourenzá
Liga Prebenxamín da Mariña
ED Burela FS-AD Praia de Covas (Prebenxamín 1)
Domingo 16 de febreiro, ás 11.45 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED Burela FS Prebenxamín 2-Descansa











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
