Santiago, 20 de febreiro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro aplaudiu a iniciativa da Consellería do Medio Rural e do Mar de ampliar o prazo de presentación de solicitudes das axudas a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración dos bancos marisqueiros.
Os populares poñen en valor o obxectivo perseguido polo Goberno galego con esta decisión, isto é, facilitarlle ás posibles entidades solicitantes unha máis ampla avaliación da situación actual e a preparación dos proxectos que permitan restaurar os bancos marisqueiros e as poboacións de bivalvos danadas.
Balseiro quixo salientar os esforzos que está a desenvolver a Consellería do Medio Rural e do Mar e entidades dependentes desta como Portos de Galicia, tanto na avaliación dos danos producidos polos sucesivos temporais como, na valoración económica dos mesmos, reparación urxente e planificación da reparación global, e amosou a súa confianza en que xa se están adoptando os apoios precisos segundo cada circunstancia.
APOIO AOS PROFESIONAIS DA PESCA
O voceiro popular considerou especialmente acertadas as xestións que a propia conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, anunciou está a desenvolver diante da Seguridade Social para o posible aprazamento das cotizacións daqueles profesionais afectados polos amarres forzosos ante e ante a sucesión de días sen posibilidade de traballar
Balseiro tamén valorou que se estean a estudar, xunto co Goberno central outras iniciativas de apoio ao sector para a súa posta en marcha con celeridade, feito que amosa que o Goberno galego é perfectamente consciente e esta preocupado ante situación e como no caso de hoxe, irá tomando decisións e aprobando as axudas e outras medidas que dean resposta a estas circunstancias.
AVALIACIÓN DE DANOS PORTUARIOS EN PROFUNDIDADE
O voceiro do Mar dos populares galegos tamén lembrou que, no caso dos danos nas instalacións portuarias, fundamentalmente diques, a valoración definitiva dos mesmos e, en consecuencia, as medidas de arranxo a executar, dependen da mellora das condicións marítimas que fagan posible unha inspección submarina e de detalle destas estruturas.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



