A Biblioteca Pública de Foz, da que é responsable Chus Álvarez, ven a organizar, dende hai anos, co gallo de celebrarse o San Valentín, ou o Día dos Namorados, un concurso de poemas co fin,, de estimular a creatividade poética nas persoas de tóda idade; e nengún tema mellor que o do amor para que, dende a intimidade do ser e o sentir, afloren as posibles dotes líricas, ó terreo da poesía que é, coa música, a mais sublime forma de expresar as emocións. É tanto así que Lope de Vega deixou dito :“ o amor foi o inventor dos poemas…”. •A definición máis xeralizada de poesía acaso sexa: “a arte de expresar a beleza e o sentimento estético por medio da palabra, en verso ou en prosa”; aínda que Bécquer expresouno de xeito tan romántico con aquela coñecida “Ritma”: “ Qué es poesía?, dices / mientras clavas en mi pupila tu pupila azul./ ¿Qué es poesía?.¿Y tú me lo preguntas?:¡ poesía eres tú1”.
Antigamente a poesía foi escrita para ser cantada, e unha característica da mesma é o ritmo e a musicalidade; por eso as dúas – música e poesía – marchan tan unidas, ó punto de que a segunda represéntase por unha lira, que é instrumento musical.
Para lograr esta cadencia nas composicións escríbese respectando a métrica, a rima e o ritmo ; coidase a selección das palabras, o son e a medida; unha arte que ven cultivándose desde os lonxanos tempos do Mester de Clerecía.
O poemario que promove a Biblioteca de Foz ten un sinalado éxito e nel participan xentes de ambos sexos e dun amplo abano de idades, nas distintas categorías. Cabe mentar que no conxunto, a participación femenina é moi superior á masculina, como adoita suceder en toda actividade de tipo inlelectual, social ou artística. Descoñecemos as razóns da abstención masculina entre a mocidade, pero ocúrresenos preguntar : ¿será que na sociedade actual, tan convulsa, en boa medida depredadora de valores tradicionais, o amor está deixando de ser cousa de homes….? ¡Meigas fóra!
Suso Fernández




















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



