Santiago de Compostela, 13 de febreiro, 2014. O deputado do BNG, Cosme Pombo formulou este xoves unha pregunta, na Comisión de Sanidade, sobre o “incumprimento” das obrigas da Xunta en materia de atención sanitaria pública á zona da Mariña Luguesa.
Na actualidade, afirmou moitos pacientes afectados de cancro deben desprazarse dende A Mariña ata Lugo ou Coruña para recibir o tratamento de quimioterapia e esta circunstancia para nós, resulta un “manifesto deterioro” da sanidade pública e un recorte do dereito dos cidadáns aos servizos sanitarios.
Por outra parte, Cosme Pombo denunciou o incumprimento das promesas do Presidente da Xunta e responsábel do Sergas, García Quintás quén afirmou que o servizo de oncoloxía estaría listo para o ano 2013.
O director xeral de Asistencia sanitaria negou as afirmacións do deputado do BNG acusándoo de “catastrofista” e asegurando que Áreas de Monforte e A Mariña reduciron as listas de espera, o número de profesionais nos centros sanitarios foi incrementado e a Xunta avanza na prestación da atención oncolóxica.
Na quenda de réplica o nacionalista respondeu que a única reposición que fixo a Xunta foi a de “profesionais espirituais” e a cidadanía reclama “profesionais sanitarios”.
O deputado do BNG tamén criticou que o responsábel do Sergas, limitarase a dicir que “a Xunta ten a vontade de poñer a disposición dos doentes tratamentos de quimioterapia”. Os cidadáns, recriminou Pombo “non queren máis promesas valeiras, queren feitos e medidas concretas despois do acordo parlamentar do mes de outubro para evitar os desprazamentos a Coruña ou Lugo dende A Mariña dos doentes que precisan tratamentos oncolóxicos.”
O nacionalista rematou a súa intervención lembrando que o BNG denunciou no seu momento, que a Xerencia integrada de Lugo “eliminaría os investimentos prometidos, tanto nos centros de saúde como no propio Hospital da Costa e incrementaría o desvío de pacientes a centros privados”. Vostedes, concluíu, “non teñen sensibilidade nin cumpren coa súa palabra”









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



