O Consello Político Nacional reunirase este sábado 8 a partir das 11.00 horas na súa sede nacional (Sofia, 3, baixo. Fontiñas. Santiago de Compostela) para aprobar as liñas do informe político que se debatirá na II Asemblea Nacional que a formación ecosocialista celebrará o próximo 22 de febreiro en Santiago de Compostela.
Dito informe conten un balance de xestión do realizado nos últimos dous anos (a I Asemblea celebrouse en maio de 2012) e unha serie de propostas a proposito da reconstrución da esquerda nacional e o proceso das eleccíons europeas.
Ademais o Consello Nacional revisará o proceso asembleario en curso, tanto no que se refire aos debates do documento político e estatutario que abordan os elementos da proposta de radicalidade democrática e novo proceso constituínte, a cuestión relacionada cos procesos de converxencia na esquerda e as novas axendas sociais; e a construción dun espazo ecosocialista renovador galego.
Durante o proceso pre-asembleario presentaronse 56 emendas e achegas nas diversas asembleas comarcais.
Tamén ratificará as propostas presentadas tanto para coordinador e coordinadora nacional, como para o Consello Aberto Nacional e a Comisión de Ética e Dereitos. Ademais da co-Coordinadora Nacional composta por un home e unha muller, o Consello Aberto Nacional tamén será un organo paritario e para el presentaronse 36 persoas candidatas (un 50% novo membros).
Na II Asemblea Nacional poderan participar os perto de 300 adheridos e simpatizantes cos que conta a organización e asistiran delegacións de organizacións políticas aliadas de Espazo en Galicia e internacionais.
Esta forza conformada fundamentalmente por persoas procedentes dos movementos sociais e da esquerda renovadora esta acentuando o seu papel propositivo e de alternativa construtiva á vez que medra e consolida a súa estrutura territorial e o seu crecemento.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



