Carlos do Cristo.- Iso digo eu, tanto aforrar, para que? Hai xustamente un ano escribín un artigo que coido que tivo bastante repercusión na prensa escrita da comarca. Nel dicía que había que ter coidado cos aforros que tiña o Concello de Xove, que daquela pasaban dos dous millons de euros, porque igual desde o Ministerio de Facenda se “facían cargo deles”. Non é que se apropien deles, pero resulta que este ano, en vez de ter dous millóns e pico de euros temos tres, o grande problema ven agora: NON NOLOS DEIXAN INVESTIR, EMPREGAR, GASTAR… NON PODEMOS COLLELOS! E si, finalmente o Ministerio de Facenda fíxose cargo dos cartos, e xa veremos, porque coller non nolos collen pero…de momento non nolos dan!
De que lle serven ao Concello ter TRES MILLÓNS DE EUROS aforrados se non podemos empregalos para investir e mellorar servizos? De que valen as talladas que meten e as subas de bens de servizo no Concello? Porque a xente pensa que os do PP, sexa a nivel local ou estatal, son bos xestores por aforrar e non gastar? Pois xa se ve…
Xovenses, un concello non é coma unha familia, nun concello hai que gastar o presuposto anual, investilo e facer o ben para o pobo, sexa en infraestructuras, en servizos ou tentando atraer empresas ao noso carón, porque se non se gasta, o que pensan os de enriba é que ao ano seguinte non nos fan falla, porque como non se gastaron os do ano pasado… Non cren que con eses tres millóns de euros se podería facer algo rechamante para asentar alguna empresa no noso concello e crear postos de traballo dos que a xente está falta?
Xa o escribín ahí un ano pero volvereino repetir: Alcoa non vai durar sempre e compre estar preparado para cando peche, ter un tecido empresarial alternativo creado para cando chegue ese momento.
Saúde, Carlos do Cristo







Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



