CIG-SAÚDE, CCOO, UGT, C-SIF, CESM, OMEGA e SAE (agás o sindicato de enfermaría SATSE que non participa) convocan asembleas abertas no Hospital da Costa entre os días 6 e 13 de marzo e concentracións, tamén no Hospital da Costa, o venres 14. Xunto a isto aseguran que se o SERGAS non paraliza a privatización do servizo de esterilización, muda a súa política sanitaria de deterioro da sanidade pública galega en xeral, e na Mariña en concreto e senta a negociar coas organizacións sindicais na mesa sectorial convocaranse manifestacións en todas as comarcas para o día 26 de marzo, ás que chaman a participar a traballadores/as e usuarios/as.
As organizacións sindicais chegaron ao acordo de convocar este calendario de mobilizacións porque “non imos parar até que a administración cambie de política; non imos permitir a descapitalización da sanidade pública e non imos consentir a perda do coñecemento porque o coñecemento está na sanidade pública, así como a eficacia e a eficiencia na xestión”.
Dende CIG Saúde sinalan que o que está a facer o PP é fragmentar a sanidade pública en pequenas parcelas para facilitar a súa privatización. “Comezou por privatizar os servizos non sanitarios coas consecuencias tan negativas que está a ter” explicou, e agora comeza cos de “bata branca”, denunciou. E isto malia a oposición das/os profesionais que traballan directamente no servizo, das/os de medicina preventiva, encargados de controlar a calidade dese traballo, e de todas as organizacións sindicais.
As organizacións sindicais demandan, con estas mobilizacións, que se recuperen todos os servizos de titularidade pública porque “esta administración, malia dicir que as privatizacións son boas para o sistema, en ningún momento presentou un informe que xustifique a súa medida”.
Fronte a isto si que detectaron, e así o denunciaron, que cada día hai un maior encarecemento dos servizos públicos con todos os canons a pagar dentro do orzamento de Sanidade e alertaron de que “en breve si que vai ser inviábel a prestación sanitaria porque o orzamento do SERGAS vai ter que destinar máis ao canon das privatizacións e a pagar a privatización dos hospital de Vigo que o que se destine a pagar as nóminas das traballadoras e traballadores do SERGAS para incorporar no sistema novas tecnoloxías ou para dar unha sanidade de calidade”.
A débeda do SERGAS triplicada con Feijóo
Neste sentido aseguraron que desde a chegada de Feijóo ao goberno da Xunta case se triplicou a débeda do SERGAS, que pasou dos daquela 3.600 millóns de euros aos 9.400 millóns actuais. Subliñaron que as privatizacións “xa se comen practicamente a metade dos orzamentos” do Servizo Galego de Saúde e denunciaron que o que se está a facer é “hipotecar o futuro da sanidade pública”.
Lembraron que o propio Consello de Contas dixo que os gastos na xestión privada se dispararon un 100% respecto á pública, achacábel a un aumento das exploracións, e que, desde 2009, se privatizou a construción do hospital de Vigo, os plans directores dos complexos hospitalarios de Ourense e do Salnés, a central telefónica de cita previa, a alta tecnoloxía diagnóstica e terapéutica, o mantemento de equipos a plataforma loxística de medicamentos, o arquivo de historias clínicas a atención so accidentados leves d e tráfico, as telecomunicacións e agora están a piques de facer o mesmo co servizo de esterilización.
A respecto da plataforma loxística do SERGAS chamaron a atención a respecto de que a adxudicataria era unha empresa familiar de mudanzas que, desde aquela, pasou de ser unha pequena empresa a empregar agora a 156 traballadores/as “o que significa que é un negocio moi importante” e preguntáronse por que o SERGAS “non destina eses beneficios, en lugar de a unha empresa, a mellorar a calidade sanitaria”.
Aseguraron que as externalizacións e privatizacións “son a demostración da incapacidade manifesta para xestionar o público” e consideraron que se o actual goberno non é capaz de xestionar ten que marchar.
Ante este panorama, as organizacións sindicais aseguraron que hai que frear estas políticas de desmantelamento da sanidade pública. Un desmantelamento que entenden que está planificado e do que é boa proba que en maio de 2013 o Director de Recursos Económicos do SERGAS, Pablo Torres Arrojo, participara nunhas xornadas en Cartaxena cunha ponencia baixo o título “Modelo do SERGAS de externalización da esterilización”.
En todo caso, subliñaron que a privatización de esterilización é o paso seguinte ás áreas de xestión clínica que, lembraron, “dixeron que ían publicar e que seguen a dicir que van publicar pero aínda non o fixeron e que se non hai acordo cos profesionais están abocadas ao fracaso”.
Por iso reiteraron o seu chamamento a todo o persoal do SERGAS, mais tamén á poboación no seu conxunto, a paralizar estas políticas e defender a sanidade pública, única que garante a atención sanitaria gratuíta e universal.
Asembleas nas xerencias todas as mañás do 6 ó 13 de marzo (agás sábado e domingo).
– Mércores 6, ás 12.00 horas.
– Xoves 7, ás 13.00 horas.
– Luns 10, ás 14.00 horas.
– Martes 11, ás 12.00 horas.
– Mércores 12, ás 13.00 horas.
– Xoves 13, ás 14.00 horas.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



