LUGO, 17 DE MARZO.- O secretario provincial –Juan Carlos González Santín- presidiu este luns a reunión da executiva do PSdeG-PSOE, e na que os socialistas analizaron o reto que supoñen para o Partido as vindeiras eleccións europeas coa inclusión nas listas do ex Ministro de Fomento José Blanco. Neste senso, González Santín subliñou que “xa lle trasladamos a nosa felicitación ao noso compañeiro, pois cremos que se trata dun excelente candidato”. Deste xeito, indicou: “estamos seguros que conseguirá poñer a Galicia e a Lugo no mapa europeo, ao igual que fixo cando dirixiu o Ministerio de Fomento, converténdose no Ministro que máis investiu en Lugo de toda a historia”.
E é que, durante os sete anos de Goberno do PSOE, Fomento executou investimentos na provincia por valor de 1.020 millóns de euros, un 30% máis con respecto ao anterior período do Goberno do PP (788 millóns). Este esforzo inversor situou a Lugo como a provincia galega con máis quilómetros de autovía libre de peaxe 8182), e unha das primeiras de España na que máis se investiu en materia de infraestruturas.
Neste senso, os socialistas destacaron que “con Blanco, Europa recuperará o seu rumbo”. Non obstante, tamén valoraron o traballo desenvolvido polo seu antecesor Antolín Sánchez Presedo; “un home que desempeñou un excelente labor na Eurocámara ao longo destes dez anos. Un exemplo desta extraordinaria tarefa son as negociacións levada as cabo para que as reformas da Política Agraria Común e da Política Pesqueira Común, non fosen tan traumáticas para o sector primario”.
Un lucense nas europeas
Asimesmo, os socialistas congratuláronse de que o feito de que un lucense forme parte das listas ás eleccións europeas, reforzará “sen dúbida o proxecto socialista iniciado en Galicia con José Ramón Gómez Besteiro como líder”.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



