Burela, a 29 de marzo de 2014.- O Partido Popular manterá reunións polos barrios cos veciños durante as vindeiras semanas. Serán cinco as reunións que o alcalde, concelleiros e membros da xunta directiva local do PP celebren polos distintos barrios de Burela, algo que, según manifestou o portavoz da Agrupación Local, José Luis Lois Losada, “fixemos sempre porque somos o partido que máis se parece á mayoría da sociedade, e porque somos o partido con máis apoios electorais na nosa localidade”.
Lois Losada asegurou que “os cidadáns teñen dereito a saber o que se está a facer desde o Equipo de Goberno, xa que o concello administra os cartos de todos, e todos temos dereito a saber como se xestionan os nosos impostos; pero tamén teñen dereito a expresar as súas críticas e a facer as preguntas que estimen oportunas sobre os asuntos do seu interés. Ese é o motivo de celebrar estas reunións, algo ó que, por outra parte, estamos acostumbrados porque o facemos cada certo tempo. Ningún outro partido político fai esto en Burela”.
O portavoz da Agrupación Local do PP manifestou que “a intención do alcalde e do Equipo de Goberno é explicar con detalle o traballo feito hasta agora, o que se está a facer e o que se vai facer no futuro. Por eso animamos ós cidadáns a que acudan a estas reunións”.
As dúas primeiras reunións terán lugar a vindeira semana. O luns día 31 será no Restaurante Os Remos, ás oito e media da tarde, e o xoves día 3 terá lugar na antiga Taberna de Correa, na Vila do Medio.