CERVO, 18 DE MARZO. Tralo pleno celebrado este luns en Cervo, os socialistas lamentan que “o equipo de goberno presente de forma reitarada recurso de emenda de substitución á maioría das mocións presentadas pola oposición co único fin de non debatir os asuntos que preocupan ós veciños e non dar a coñecer a súa postura real sobre temas tan delicados como a reforma da Lei do aborto, a xestión da área integrada do Hospital da Costa, a retirada da tarxeta sanitaria ós españois que permanezan fora máis de noventa días ou a necesidade de solicitar un Plan de Emprego á Xunta de Galicia dado que é a que ten as competencias”.
Os membros do PSOE local denuncian a actitude do goberno do Partido Popular, “é algo habitual que aniquilen as propostas que presentamos. O que sucede é que teñen medo de mostrar o que realmente pensan. O recorte de dereitos e liberdades que están a levar a cabo dende o PP é brutal e demoledor para o cidadán”.
Nesta mesma liña, reiteran que “atacan de forma constante o estado de benestar e o máis lamentable é que fan realidade as súas intencións co maior cinismo do mundo”.
Dende o Grupo Municipal Socialista califican de “práctica antidemocrática esta maneira de actuar. Non se entende cómo xa de costume adoitan emendar as nosas mocións, pois non son emendas de engádega, é dicir, para aportar algo a maiores ou supor unha mellora, sempre son emendas substitutivas para evitar temas que non lles interesa abordar”.
Os socialistas néganse a debatir mocións modificadas polo PP, “xa que eles teñen toda capacidade para levar a pleno iniciativas de goberno, pedimos que deixen as nosas propostas tal e como as presentamos para debatilas democráticamente e que os veciños poidan ver claramente cales son as diferentes posturas que se defenden dende os distintos grupos políticos”.





















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



