Lugo 06 de marzo de 2014.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, informou na mañá deste xoves en rolda de prensa que o Valedor do Pobo admite a trámite a queixa presentada polos populares tras que a Deputación encriptase o contido das facturas.
A Deputación Provincial de Lugo viña publicando periodicamente decretos de presidencia nos que se ordenaba o pago de distintas facturas e nos que se incluían conceptos tales como nome, data, número de factura e importe, ademais do concepto polo que se autorizaba a correspondente liquidación.
Tras facerse público o pago, con diñeiro de todos os lucenses, de comidas á sindicalistas sobre o que o GPP tivo coñecemento a través destes decretos; a Deputación de Lugo cambia o modelo do documento, no que non se inclúe o concepto polo que se realiza o pago.
A voceira dos populares explica que a través deste cambio nos decretos se está a reducir a transparencia, dificultar as funcións e control e fiscalización e deturpar unha información que se ofrecía ata agora. Deste xeito, apréciase que, a Deputación pretende evitar que poidamos supervisar toda a documentación e que, por exemplo, se podan dar a coñecer posibles novos casos como o denunciado polo PP.
Ante esta situación, os populares solicitaron a intervención do Valedor do Pobo, polo que reciben con agrado a notificación e agradecen o seu traballo, ao tempo que agardan que sexan respetados os seus dereitos constitucionais e poder exercer así as funcións encomendadas da mellor maneira posible.
Uns obstáculos que van a máis
Dende fai tempo os populares sofren limitacións para acceder á información, tal e como puxeron de manifesto a través dos medios de comunicación. Porén, estas restriccións víronse incrementadas nos últimos meses de forma moi acusada e despois de darse a coñecer asuntos que ao parecer non lle gustaron ao goberno provincial, matizou a popular.
“Dende que informamos aos veciños sobre o proceso de desvinculación do Breogán C.B., retrásasenos o acceso á documentación dos expedientes aprobados en Xuntas de Goberno”, exemplificou a voceira do GPP.
Para cubrirse do artigo 19 do ROF que regula un prazo de cinco días para responder motivadamente ás solicitudes; a Deputación remíte ao GPP un escrito informando da admisión da solicitude, porén despois dende a administración provincial tardan, en moitas ocasións, un prazo de tempo inadmisible en convocar ao GPP a un día e hora para estudar a documentación.
Por exemplo, a popular citou solicitudes do 25 de abril de 2013 ás que non se deu acceso, e no 2014 só se comunicaron días para ver a documentación do 15% das peticións rexistradas.
Un dereito dos populares
O dereito á información por parte do Grupo Provincial do Partido Popular garántese no artigo 18 do Regulamento Orgánico de Funcionamento da Deputación; mentres que no artigo 20 recóllese que “os servizos administrativos da Deputación están obrigados a lles facilitar aos deputados/as acceso á información sen necesitade de solicitude previa nos seguintes casos:… Cando solicitan documentación referida aos asuntos que estean incluídos na orde do días das sesións dos órganos colexiados dos que forman parte”.
Este é o caso dos decretos de presidencia, explicou a popular, dos que se dan conta no pleno, -órgano colexiado-, polo que “estamos ante unha documentación a que temos pleno dereito e acceso e que se incripta”, matizou a popular.
Neste senso, a popular fixo referencia a Lei de 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e de bon goberno que recolle estes tres principios comos “eixos fundamentais de toda acción política”; e que polo tanto a actitude que está a promover a Deputación de Lugo é contraria a estes fins.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



