O vindeiro viernes día 28 ás 19 h. no Multiusos do Concello de Viveiro, a Irmandade da Santa Cruz fará a presentación da aplicación de móbil que por encargo se elaborou sobre a Semana Santa de Viveiro e na que o usuario terá ocasión de estar en todo momento informado de Procesións, Historia, Confrarías, Bandas, Actos Litúrxicos, etc. Esta cita é abierta ó público para que todo o que teña interese nesta aplicación poda instalala no seu móbil e vexa a forma de manexala.
Ese mesmo día ás 20,30 h. na Igrexa Parroquial de Santiago en San Francisco, poderemos deleitarnos coa Actuación do Coro do Conservatorio de Música de Viveiro, formado por xóvenes que son o futuro e canteira dentro da Música, e cun bo facer que é obra do seu director, Antonio Alvarez Neira.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



