Burela, 23 de abril de 2014. A Concellería de Servizos Sociais de Burela informa que está aberto o prazo do Programa Vacacións Imserso – Codemfe 2014 para persoas con discapacidade.
Requisitos:
-Persoas que acrediten un grao de discapacidade física ou orgánica igual ou superior ao 33%, tendo prioridade os que superen o 50%.
-Ser maior de 16 anos. Autorizacion do pai, nai ou titor/a en caso de menores de idade.
-Poder asistir con carácter excepcional os fillos das persoas beneficiarias menores de 16 anos, sempre que se xustifique a imposibilidade de poder viaxar sen a súa compañía.
-Terán que levar acompañante, aquelas persoas que utilicen cadeira de rodas ou que requiran axuda para desenvolver as actividades básicas da vida diaria.
Servizos inclúidos nas quendas:
– Habitación doble compartida.
– Hotel accesible (non adaptado) en réxime pensión completa.
– Non se garante a adxudicacion de habitación adaptada.
– Seguro de viaxe.
– Monitores de apoio para o grupo durante toda a viaxe.
– Transporte adaptado durante toda a viaxe nas quendas da península.
– Nas quendas de illas inclúe billete de avión en liña regular desde Madrid e transporte adaptado Aeroporto-Hotel-Aeroporto.
– As quendas de Termalismo inclúen consulta médica e tratamento termal personalizado.
– Nas quendas de illas, haberá dúas excursións obrigatorias.
O prazo de presentacion da solicitude será dous meses de antelación á data de saída.
Para máis información, entrega de documentación e solicitude, deberán dirixirse ós Servizos Sociais do Concello de Burela, de 8 a 15 horas.