Ribadeo, 22 de abril de 2014. En Ribadeo foi aprobado inicialmente o PEPRICH (Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Conxunto Histórico de Ribadeo). Unha vez que saia publicado no Diario Oficial de Galicia estará dous meses exposto ao público para que os veciños e as veciñas o poidan consultar e alegar, si o consideran necesario. Tras semanas de traballo de todos os grupos políticos coa empresa redactora o documento foi aprobado, tal e como marca a lei, por decreto da Alcaldía. Fernando Suárez subliñou que “o PEPRICH permitirá acurtar os prazos das licenzas solicitadas para efectuar obras en inmobles no casco vello e tamén a concesión de licenzas para obras novas nese conxunto histórico”.
O rexedor dixo que “en Ribadeo estámonos tomando moi en serio o feito de ter normas urbanísticas que ordenen, que vertebren e que clarifiquen o que se pode facer e o que non. E si ben é certo que levamos moito tempo traballando entre todos no plan xeral de ordenación municipal, que agora se encontra nunha fase final e estamos esperando a ver cal é a opinión da Xunta, tamén entre todos seguimos traballando na elaboración do PEPRICH, que é o plan especial de protección e reforma interior do conxunto histórico de Ribadeo, do que é o casco vello de Ribadeo. De aí que, despois de que entre todos os grupos estivéramos analizando e traballando coa empresa redactora, acabamos de aprobalo inicialmente”.
Fernando Suárez explicou que “a partir de agora, despois da publicación no Diario Oficial de Galicia, iniciaremos un período de información pública para que a xente poida consultar e enriquecer o documento con alegacións ou co que estime oportuno. De aí que vamos ampliar o período ao máximo legal posible, que son dous meses dende a publicación no Diario Oficial de Galicia”.
O alcalde indicou que “este plan especial do conxunto histórico pretende que o Concello de Ribadeo sexa autónomo nas licenzas do casco vello de Ribadeo. Dende hai anos todos os veciños do casco vello saben, porque o sofren e o padecen, que para calquera licenza de obra precisamos previamente un trámite, de entre un e dous meses, na Comisión Provincial de Patrimonio de Lugo. Pero agora, unha vez que se aprobe definitivamente este plan especial, o expediente iniciarase e rematarase no Concello de Ribadeo. E persegue tamén dar saídas a situacións como que agora mesmo non se podía edificar obra nova no casco vello de Ribadeo e que, con todos os parámetros e con todas as garantías legais, en parcelas vacantes ou nalgún polígono urbanístico será posible”.
Suárez Barcia engadiu que “se estamos traballando nos últimos anos para darlle un impulso á rehabilitación do conxunto histórico, con este instrumento de ordenación urbanística será moito mellor, moito máis doado e con moitas máis posibilidades para os propietarios. Así que todas aquelas persoas propietarias de inmobles no casco vello que estean interesadas en saber como van estar unha vez que saia publicado nos próximos días no Diario Oficial de Galicia abriráselle un procedemento de dous meses para que, con calma, poidan vir aquí preguntar, asesorarse e, se o estiman, alegar”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



