Nel establécense as medidas necesarias para previr, actuar e recuperar ante situacións de risco de enchentes
Viveiro, 4 de xullo de 2025. A Xunta vén de aprobar Plan de Actuación Municipal (PAM) ante Inundacións para o Concello de Viveiro. Trátase dun documento de protección civil que establece as medidas necesarias para previr, actuar e recuperar ante situacións de risco por enchentes no municipio. O plan está elaborado conforme á normativa estatal e autonómica, seguindo os criterios do INUNGAL (Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia) e do Plan de Xestión do Risco de Inundación Galicia-Costa.
O seguinte paso será proceder á exposición pública do plan e, se non hai alegacións, será sometido a aprobación no pleno nun prazo de vinte días.
O obxectivo principal é protexer ás persoas, aos bens e ao medio ambiente fronte a posibles episodios de inundacións, organizando os recursos humanos e materiais dispoñibles e definindo os procedementos de actuación en cada fase da emerxencia. «É unha ferramenta fundamental para reforzar a capacidade de resposta ante un fenómeno que xa sufrimos no pasado e que require dunha planificación clara, eficaz e adaptada ao territorio», sinala a alcaldesa mariña Gueimunde.
O PAM inclúe unha análise detallada do territorio e da rede hidrográfica, con especial atención ao río Landro; a identificación das áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSIs); a estrutura organizativa dos órganos responsables e centros de coordinación; os procedementos de activación segundo as fases de prealerta, alerta, emerxencia e normalización; así como medidas de información á cidadanía, aloxamentos de emerxencia e puntos de control e vixilancia.
Tamén se contemplan accións para a formación do persoal, revisións periódicas do plan e mecanismos de coordinación con outros plans supramunicipais. En conxunto, o documento busca reducir os impactos das inundacións e garantir a seguridade e benestar da veciñanza de Viveiro.




















Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.



