Un grupo de nenos e nenas do colexio público de San Miguel acudiron este mércores á área recreativa de Vilamar. Alí estiveron a participar nun xogo que tivo á recollida selectiva como protagonista. O alcalde, Alfonso Fuente, subliñou que “estas campañas que estamos a realizar desde o Concello cos nenos están a resultar moi positivas, xa que por exemplo nos contedores do vidro de Barreiros a súa recollida é a triple da media por habitante que se rexistra en Galicia”. O rexedor dixo que “hai que concienciar á sociedade empezando polo nenos e nenas, que logo lles din aos seus pais e avós como teñen que facer para reciclar o lixo. Eses nenos serán adultos e xa estarán acostumados a preocuparse polo medio ambiente”. Fuente Parga indicou que “a boa xestión dos residuos, posibilitará un abaramento na factura que o Concello lle paga a Sogama, e que o incremento previsto no seu canon non se lles repercutirá aos veciños de Barreiros”. Os nenos do colexio público de San Miguel prantaron despois nove árbores na área recreativa de Vilamar. Deste xeito celebraron, ao igual que xa o fixeran hai uns días os de San Cosme, o día da árbore.























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



