Santiago, 3 de abril de 2014.- O portavoz de Urbanismo do Grupo Popular, Román Rodríguez, considerou “un sen sentido” a proposta defendida por AGE no Parlamento de presentar recurso de inconstitucionalidade pola sentenza do Tribunal Supremo pola que se declara nula a suspensión urbanística do concello de Barreiros. “Non ten cabida a presentación dun recurso de inconstitucionalidade ante unha sentenza do Tribunal Supremo, xa que se trata dunha circunstancia non amparada no ordenamento xurídico”, explicou.
Román Rodríguez explicou que a presentación de recursos de inconstitucionalidade están regulados pola Lei Orgánica 2/1979, do Tribunal Constitucional, e recóllese que non ten cabida a presentación dun recurso de inconstitucionalidade ante unha sentenza do Tribunal Supremo.
NOVO PLAN XERAL
Neste sentido, o portavoz popular reiterou “a disposición da Xunta de Galicia a apoiar e colaborar co Concello de Barreiros para que poña en marcha un plan xeral que solucione un problema creado por unha decisión arbitraria e discriminatoria que non se fixo noutros concellos, como Foz, cun proceso urbanístico practicamente idéntico”.
“Non é unha cuestión menor o feito de que unhas normas provisionais non sexan expostas ao público como se fixo neste caso, porque implica un cambio de ordenación urbanística, se exclúe a participación, afecta a miles de persoas e que neste caso se fai sen ningún tipo de consenso co Concello”, apuntou.
Por este motivo, Román Rodríguez reiterou que “temos cuestionado a decisión que levou ao Goberno bipartito á posta en marcha do decreto, unha decisión arbitraria que xerou consecuencias moi negativas, tanto desde o punto de vista do emprego como sociais, paisaxística e de inseguridade xurídica”.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



