O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, acompañado por Alberto Lema, Coordinador da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, e David Díaz Losada, Presidente da Comunidade de Montes de Santo Estevo de Parga, presentaron hoxe o V Congreso Galego de Comunidades de Montes, que se celebrará no Salón de Actos e nas Aulas de Formación do Pazo de San Marcos o vindeiro 10 de maio, reunindo en Lugo a preto de 250 asistentes procedentes de toda Galicia.
Durante a presentación, Álvaro Santos insistiu na importancia de impulsar e defender a xestión comunal dos montes galegos, por ser estes “modelo de xestión comunitaria e de aproveitamento dos múltiples recursos que ofrecen os nosos montes, que beneficia directamente ós veciños”. Santos quixo chamar a atención sobre os recentes cambios normativos, que “parecen querer despoxar ós veciños dos seus montes para deixalos en mans de intereses empresariais privados, centrados en exclusiva na explotación madereira”, o que, segundo destacou o Deputado, “supón un duro ataque a este modelo de aproveitamento medioambiental, paisaxístico, de razas autóctonas, de explotación micolóxica, etc., capaz de xerar ingresos e crear empregos no rural”.
Pola súa banda, tanto David Díaz coma Alberto Lema quixeron denunciar os intentos de privatizar a xestión dos montes galegos, e agradeceron o apoio prestado por parte da Deputación de Lugo á Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. De feito, o pasado mes de febreiro, a institución provincial xa acolleu a Asemblea Xeral Ordinaria desta Organización.
Programación da xornada
Este V Congreso, que se desenvolverá simultaneamente no Salón de Actos e nas Aulas de Formación da Deputación de Lugo, arrincará o sábado 10 de maio ás 9:30 horas, coa recepción dos preto de 250 participantes previstos e a entrega de documentación ós mesmos.
Durante a xornada, celebraranse diferentes debates sobre os relatorios presentados en dúas Comisións, que posteriormente se aprobarán en Pleno. Tras a aprobación dos relatorios, darase lectura ás conclusións do Congreso, e farase pública unha resolución para solicitar a declaración do día 22 de xaneiro como “Día da loita da veciñanza comuneira”.
A xornada rematará co discurso de clausura a cargo de Mar Pérez Fra, economista e profesora da Escola Politécnica de Lugo-USC, logo da entrega do recoñecemento á Comunidade de Montes de Salcedo (Pontevedra) pola defensa do seu monte veciñal.
O monte común representa en Galicia unha superficie aproximada de 700.000 hectáreas xestionadas por 2.800 comunidades veciñais propietarias, das cales 900 están ubicadas na provincia de Lugo e suman unha superficie de máis de 213.000 hectáreas.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



