A empresa galega de restauración Galipizza&cia inaugura este xoves 17 de xullo o seu local en Santiago de Compostela, que se une ós xa coñecidos de Viveiro (Lugo), Ribadeo (Lugo) e Culleredo (A Coruña).
Coma se se tratase dunha das mellores estreas da carteleira, este xoves abre o telón o novo Galipizza&cia en Santiago de Compostela. Unha imponente e sorprendente cervexería-restaurante de pizzas, burgers e tapas made in Galicia, cunha decoración inspirada no mundo do cine e do teatro.
O novo local está ubicado na Avenidade da Liberdade, preto do Hospital Clínico e do Milladoiro, na zona de Santa Marta, unha das de maior crecemento nos últimos anos na capital de Galicia.
As galipizzas son pizzas artesanais galegas elaboradas con queixo de San Simón no lugar de mozarella e con ingredientes típicamente galegos, como o pulpo á feira, o lacón con grelos, raxo, zorza, grelos, churrasco, chourizo criollo ou diferentes denominacións de queixos galegos.
Galipizza desembarca en Santiago de Compostela con tódolos seus produtos máis típicos: desde as coñecidas galipizzas ata as súas hambuguesas gourmet con produtos galegos, as tapas e racións variadas ou o seu novo “Compostelano”, un perrito con pan caseiro, salchicha queixo de San Simón, paleta ibérica e ovo roto, que recibiu o seu nome xa como guiño ós que desde esta semana son os seus novos clientes.
Hoxe a galipizza xa é unha marca rexistrada e a súa boa acollida por parte do público convenceu á empresa para lanzar a súa propia franquicia, coa que espera convertirse nunha referencia gastronómica non só en Galicia, senón en toda España.
EMBAIXADORES DE GALIPIZZA
Para promocionar a apertura do novo Galipizza&cia en Santiago de Compostela a empresa anuncia a busca de “Embaixadores de Galipizza en Compostela”, coa que os agraciados gozarán de grandes privilexios no local durante todo un ano: unha bebida gratis cada día e comida gratis sempre que veña acompañada de ao menos tres persoas máis. A empresa seleccionará un embaixador e unha embaixadora en cada un dos locais que xa ten abertos (Viveiro, Ribadeo e Culleredo) pero que residan en Compostela, polo que a oferta se fai especialmente interesante para estudantes universitarios de Santiago. O único que teñen que facer os interesados é demostrar de calquera xeito a Galipizza que son ou serán os mellores embaixadores da marca en Santiago de Compostela.