Foz, 22 de xullo de 2014.- O pleno da corporación municipal de Foz que se celebrará a vindeira semana abordará a renuncia do portavoz de Unifoz, Xaime Cancio, ao seu posto como representante do Concello na Mancomunidade de Municipios da Mariña.
Deuno a coñecer hoxe o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen manifestou que isto supón “o inicio do desmantelamento do partido Unifoz, que ten tres concelleiros na corporación municipal de Foz. O primeiro paso é o que se levará a pleno a vindeira semana, que é a renuncia do señor Xaime Cancio a ser un dos representantes do Concello focense na Mancomunidade de Municipios da Mariña”.
Javier Castiñeira engadiu que “iso significa que Xaime Cancio empeza a renunciar aos cargos que tiña en Unifoz, que está a preparar o asalto novamente ao PSOE. Iso non nos importa, pero o que si nos importa é a estabilidade da corporación municipal. E este señor desde o primeiro momento, nun partido que tiña que ser chave e encargarse de facer cousas, usou aos seus compañeiros, a Unifoz, para tratar de desestabilizar ao goberno municipal co único obxectivo que se está a ver agora. Ten un afán personalista importante, entende a política para beneficio propio, e o primeiro paso é este: ceder a representación ao seguinte membro de Unifoz e iso significa que Unifoz é un partido de curto percorrido; así o demostrou e é lóxico que perdera a confianza de moita xente que tiña postas moitas expectativas nun partido, que nun principio ía ser independente e que agora vai ser unha sucursal do Partido Socialista; ou ao revés, porque igual, tal e como se están a poñer as cousas, o Partido Socialista é unha sucursal de Unifoz”.
O rexedor municipal comentou tamén que “os movementos están aí e nós o que lles pedimos é que non lle afecte á corporación, porque hai moitos asuntos pendentes, hai un plan xeral, as contas e os orzamentos destes anos, o mandato non rematou; pero xa hai xente que está a pensar en clave política cando realmente hai moitas cousas que resolver no noso Concello. Que se deixen de pensar tanto en si mesmos e que pensen algo, aínda que sexa o último ano, no pobo de Foz.”























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



