As XII Xornadas de Historia Local da A.C. Francisco Lanza lévannos o mércores 30 de agosto ó pasado dos camiños de ferro en Ribadeo a través do documental A CHOCOLATEIRA, de Xosé Reigosa, e o xoves 31 ás enormes posibilidades que traería á comarca un adecuado planeamento deste medio de transporte coa presentación do libro de Manuel Monge. Ambas actividades desenvolveranse a partir das 21.00 horas no Teatro de Ribadeo. O xoves, despois da presentación, OXFORD UNIVERSITY CEILIDH BAND e o CUARTETO TRADICIONAL ILLA PANCHA ofrecerán un concerto no Cantón dos Moreno a partir das 22.30 horas. Pola súa banda, para o sábado 2 de agosto está prevista unha andaina pola vía do tren de Vilaodriz no tramo ribadense. A saída está prevista para as 11.30 horas dende o aparcadoiro municipal e a volta para as 16.00 horas. Recomándase levar auga, un bocadillo e calzado cómodo.
XII Xornadas de Historia Local ‘Ribadeo nos camiños de ferro’
XII Xornadas de Historia Local ‘Ribadeo nos camiños de ferro’
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo